O estradense Alejandro Marque proclamouse campión da Volta a Portugal. Marque colle o relevo do tamén galego David Blanco, vencedor nas pasadas cinco edicións dunha carreira que, desta volta, tivo na segunda posicióna o vilagarcián Gustavo Veloso. Recólleo o Portal Galego da Língua.