Reiníciase o curso parlamentario coa tramitación das leis de inclusión social e de garantías sanitarias e a continuación dos traballos da comisión de investigación sobre as caixas de aforros. Ademais, a oposición buscará obrigar a Núñez Feijoo a que compareza na cámara para ofrecer explicacións sobre a política forestal da Xunta e sobre o financiamento do PPdeG e a súa relación coas revelacións de Luis Bárcenas.
Fálase
Jordi Mir e Salvador López Arnal lembran en Diagonal a Francisco Fernández Buey un ano despois do seu pasamento.
O portavoz do PSdeG-PSOE no Parlamento, Abel Losada, enviará este luns unha carta aos dous candidatos á Secretaría Xeral dos socialistas para comunicarlles que pon o seu cargo a disposición do partido. Losada entende que "o novo responsable do partido e a súa dirección deben ter as máximas facilidades para conformar os seus equipos nesta nova etapa"
Santiago Alba Rico analiza en Cuartopoder o conflito sirio. Condena a posible intervención porque "no pretende axudar o pobo sirio e porque as súas consecuencias serían sempre contrarias á revolución tantos sirios defenderon dende o comezo".
A Casa Branca envía ao Congreso a súa solicitude de autorización para atacar Siria, como onte anunciou Obama. O Congreso regresa das vacacións o vindeiro 9 de setembro e o proxecto de resolución non contempla prazo para realizar a acción militar. Íñigo Saenz de Ugarte salienta que Obama non quere ir só á guerra.
Mónica G. Prieto analiza en Periodismo Humano a evolución e claves do conflito sirio, nunha peza acompañada de imaxes de Manu Bravo, Premio Pulitzer 2013. A xornalista recolle as visións dos refuxiados sirios no Líbano, que conclúen que “se EEUU intervén será na procura dos seus intereses”.
Este sábado finaliza Seara.mov, certame internacional de curtametraxes e videoclips de baixo custe, que se vén celebrando en Vigo, detrás do Marco, dende o xoves. A partir das nove da noite proxectaranse os finalistas e entregaranse os premios aos gañadores.
Triángulo de Amor Bizarro pecharán a primeira xornada de concertos no #sinsalsansimón, que continuarán mañá domingo. A illa encheuse para asistir a dez concertos, e tamén a dúas mesas de debate, sobre Muller e cultura: representación e diferenza e Repúblicas do minúsculo: cultura a escala.
Este sábado a partir das 20.30 inaugúrase na Coruña Casa Tomada. Centro Social de Intervención Artística, un novo espazo social de cultura, arte e ocio creativo na cidade, situado na Estación de Tren.
Este sábado celebrouse na Encrobas a homenaxe popular a Moncho Valcarce e entregáronse os Premios Moncho Valcarce pola Defensa da Terra e pola Promoción da Terra a Manuel Lugris Rodríguez e ao Museo do Pobo Galego, respectivamente.