O Goberno central pon a Deputación de Ourense como "exemplo de racionalización do gasto". Cóntao El País.
Fálase
Un sindicato da Garda Civil reclama "exames psicolóxicos" para os mandos do Instituto Armado en Bizkaia polas súas "taras mentais" e subliña que algúns deles seguen a empregar a expresión "isto con Franco non pasaba". Recólleo El Correo.
O xuíz enmarca na "liberdade de expresión" o escrache a Soraya Sáenz de Santamaría e arquiva a causa. En RTVE.es
#consellodaxunta Feijóo evita "pronunciarse" sobre a eliminación do suposto de malformación na futura lei do aborto, pero defende a "lexitimidade" do gabinete de Rajoy para desenvolver a reforma.
#consellodaxunta A Xunta, explica Feijóo, declara de interese turístico as festas do melindre (Melide), do choco (Redondela) e do salmón (A Estrada)
#consellodaxunta A Xunta amplía os convenios co Colexio de Psicoloxía para asistir mulleres vítimas de violencia machista e desenvolver programas de recuperación de maltratadores.
#consellodaxunta Feijóo detalla un "plan de recuperación da escribenta das canabeiras", unha ave que vive en humidais.
#consellodaxunta A Xunta "desbloquea" o investimento para a depuradora de augas residuais de Santiago
O tenente de alcalde de Castelló (PP) chámalles "híbridos de rata e hiena" aos simpatizantes do 15-M. Cóntao El Diario
A Mesa detalla que o representante de Fraga Mandián no xuízo contra Callón argumenta que La Coruña era oficial en 2008, malia non selo dende 1983 na cidade e na provincia, dende 1998.