Os Alvia galegos seguen sen control de velocidade medio ano despois do accidente de Angrois. Cóntao El País
Fálase
ETA reafirma o abandono da loita armada nun comunicado difundido a través do diario Gara
O New York Times únese aos medios internacionais que rexeitan a contrarreforma do aborto do Goberno español. Alerta de que, se é aprobada, suporá un retroceso "de décadas". Resúmeo El Diario
Anova informa de que a súa Coordinadora Nacional decidiu convocar unha conferencia para o vindeiro 2 de febreiro no que abordará o programa para as eleccións europeas. A finais do mesmo mes, sinalan, a militancia decidirá "o xeito concreto" en que a organización concorrerá a estes comicios.
As primarias federais do PSOE serán en novembro e as das autonomías, en setembro. Non obstante, a dirección do partido deixa marxe á "flexibilidade" para a organización destas eleccións en cada federación.
A Fundación Galiza Sempre renovou esta mañá en Compostela o seu padroado, con Guillerme Vázquez na presidencia. A nova vicepresidenta é Ana Luisa Bouza e Xesús Veiga encabeza o consello asesor.
O PSOE abre hoxe o proceso para convocar as eleccións primarias das que sairán os seus candidatos autonómicos e ás principais alcaldías, ademais da persoa que aspirará á presidencia do Goberno español. Na xuntanza participa o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.
O ex presidente de Caja Madrid, Miguel Blesa, ameaza a El Diario para que non publique unha revista sobre os correos que evidencian as súas presuntas irregularidades á fronte da entidade.
O aviso sobre as deficiencias de seguridade de Angrois tratouse en, cando menos, dúas xuntanzas de Renfe, segundo conta La Voz
Detectan altos índices de chumbo, arsénico e cobre na ría de Arousa. Cóntao El País.