Anxo Quintana escribe un perfil de Francisco Jorquera en El País. "Paco Jorquera e eu somos do mesmo partido; dicir da mesma fronte sería moito máis exacto, pero soaría algo cursi", di o ex vicepresidente da Xunta. Foto de Xurxo Lobato.
Fálase
Economía Digital impulsa unha nova edición en Galicia. O diario dixital económico catalán terá unha versión para o país, que será bilingüe.
Fútbol. Segunda B. O Montañeros gaña ao todopoderoso Oviedo (2-1) e segue soñando coa salvación. O Coruxo empata na casa ante o Alcalá (1-1) e terá que seguir loitando para asegurar a permanencia.
Conde Roa presentará este luns a súa dimisión, segundo asegura El Correo Gallego. Xa llelo tería anunciado aos seus concelleiros.
#onosoderbi Centos de deportivistas reciben ao equipo á súa chegada á Coruña tras a vitoria no derbi galego ante o Celta. Imaxe de @MarcoAsande
Máis de 200 persoas piden ás administracións que "salven" as Fragas do Eume. Varios centos de persoas concentráronse ante o Concello da Capela para pedir á Xunta, Goberno central e UE que salvagarden o patrimonio do parque natural, ademais de pedir "responsabilidades" polo incendio.
Fútbol. Segunda B. O Lugo saca un importante empate en Tenerife (1-1) e o Celta B iguala tamén no campo do Rayo Vallecano B (2-2).
Rubalcaba plantexa ao PP tres "grandes acordos" para non recortar en educación ou sanidade. O secretario xeral do PSOE prevé acordos en "cuestións esenciais" para darlle "unha saída xusta á crise" que non implique a perda de dereitos sociais.
#onosoderbi O Deportivo gaña o derbi no último minuto e dá un paso de xigante cara ao ascenso. Partido intenso e igualado que resolveu Borja de cabeza.
#onosoderbi Gol de Borja! Gol do Deportivo! 2-3. No tempo de desconto.