Grandes concellos de Galicia baixan ou conxelan taxa en ano electoral. Outros prorrogarán a medida no vindeir exercicio.
Fálase
O Pontevedra lidera a Terceira tras a súa vitoria ante o Arousa (2-1). O resto de resultados foron: Fabril 1 0 Laracha; Racing Vilalbés 2 2 Silva; Alondras 1 0 Rápido de Bouzas; Ribadumia 1 0 Boiro; Sanxenxo 4 2 Cultural Areas; As Pontes 1 1 Ordes; Cerceda 0 0 Choco; Pontevedra 2 1 Arousa; Bergantiños 1 0 Barbadás; Ribadeo-Bertamiráns (aprazado).
Ningunha derrota para os equipos galegos de Segunda B. O Racing de Ferrol venceu 4-3 o Valladolid, o Celta B empatou co Guijuelo (2-2), o Somozas co Zamora (2-2) e o Compostela co Tropezón (0-0). O Coruxo gañou no campo do Logroñés (0-1).
O Obradoiro cae ante o Murcia (68-64) malia remontar unha desvantaxe de 21 puntos.
Bildu non descarta acordos con Podemos porque "cómpre esperar coincidencias programáticas" e asegura que non tería "problema ningún" en chegar a pactos.
O Celta cae en Vallecas ante o Rayo (1-0). Os vigueses tiveron ocasións pero non puideron co tanto de Bueno para os madrileños.
Varias cidades e vilas galegas acollen as manifestacións contra a lei mordaza convocadas pola Alianza Social Galega. Na imaxe (de @bngferrol) a de Ferrol. Toda a información, hoxe en Praza.
A CUP non confluirá con Guanyem e aposta por unha candidatura de ruptura para as municipais. As diferenzas no código ético respecto aos soldos ou os mandatos impedirón o acordo.
O Deportivo empata sen goles ante a Real Sociedad en Riazor. Os galegos, inferiores na primeira parte, non puideron aproveitar a súa mellora no segundo tempo. Hoxe ás 12, o Celta xoga ante o Rayo Vallecano.
Pedro Sánchez carga contra Podemos nunha entrevista en El País, na que acusa á formación de apostar pola ruptura e de "renegar" dalgúns dos seus proxectos iniciais.