"No habrá paz para los malvados" gaña o Goya ao mellor film español do ano e o seu director, Enrique Urbizu, faise co premio ao mellor director.
Enrique Urbizu, Kike Maillo e a animación galega saen como grandes triunfadores da noite dos Goya.
Fálase
Premios Goya: mellor actor para José Coronado, que co seu papel en "No habrá paz para los malvados" logra impoñerse a Luís Tosar, Antonio Banderas e Daniel Brühl; e mellor actriz protagonista para Elena Anaya, por "La piel que habito", que vence as tamén nominadas Salma Hayek, Inma Cuesta e Verónica Etxegi.
"Arrugas", un drama sobre a vida nun hospital xeriátrico, gaña o premio de mellor film de animación. A animación galega segue a ser vangarda a nivel estatal. Aquí tedes o trailer na versión galega
Baltasar Garzón cólase nos Goya: o premio ao mellor documental vai para "Escuchando al juez Garzón", de Isabel Coixet. O entrevistador é Manuel Rivas, o que lle dá aínda máis sotaque galego a esta noite dos premios Goya.
Ángel de la Cruz, Ignacio Ferreras, Paco Roca e Rosanna Cecchinni gañan o premio ao mellor roteiro adaptado por "Arrugas". É a primeira vez que un film de animación obtén este premio. Ángel de la Cruz dedicou o premio a "todo o audiovisual galego". Podedes coñecer máis desta produción na súa web, en galego.
Noutra orde de cousas, "Eva", a opera prima de Kike Maillo, xa vai polo seu terceiro Goya da noite, incluíndo o de mellor director novel.Aquí podes ver Birdboy (en versión española con subtítulos en inglés), o film de produción galega que gañou o premio Goya 2012 á mellor curta de animación.
Seguen saíndos os premios Goya. Ana Wagener, mellor actriz de reparto por "La voz dormida"; Michel Gaztambide e Enrique Urbizu, mellor roteiro orixinal por "No habrá paz para los malvados".
A curtametraxe de animación Birdboy, produción galega dirixida por Alberto Vázquez Rico e Pedro Rivero, gaña o premio Goya na súa categoría. Por outra banda, o premio ao mellor actor de reparto é para Lluís Homar polo seu papel en "Eva" e o de actriz revelación para María León por "La voz dormida".
Poucos goles e moitos empates na 26ª xornada da Terceira División galega. En promoción de ascenso, están Cerceda, Ourense, Alondras e Pontevedra; á espreita, Vilalbés e Fabril. Na parte baixa, os catro últimos distáncianse e necesitan reaccionar axiña para acadaren a salvación, que pode estar moi cara se finalmente baixan o Montañeros e mais o Celta B.
As Pontes 1 - Somozas 1
Estradense 1 - Vilalbés 0
Ourense 0 - Cultural 0
Negreira 0 - Lalín 0
Alondras 2 - Pontevedra 3
Vilalonga 3 - Dorneda 1
Ordes 0 - Xuventú 1
Rápido 2 - Betanzos 1
Racing 0 - Cerceda 0
Bergantiños 0 - Fabril 0Clasificación. Cerceda 55. Ourense 54. Alondras 51. Pontevedra 47. Vilalbés 47. Deportivo B Fabril 44. Ordes 40. Rápido de Bouzas 39. Somozas 38. Vilalonga 35. Dorneda 34. Negreira 32. Racing de Ferrol 31. Bergantiños 30. As Pontes 27. Estradense 27. Cultural de Areas 21. Betanzos 20. Xuventú Sanxenxo 20. Lalín 19.
De Cadernos de Comunicación e Análise, publicación electrónica de referencia para a diáspora galega, resgatamos estes dous recentes artigos: unha entrevista ao recén electo Presidente do Centro Galego de Barcelona e un artigo sobre a emigración da xente nova e a falta de plans da Xunta para evitalo.