De Cadernos de Comunicación e Análise, publicación electrónica de referencia para a diáspora galega, resgatamos estes dous recentes artigos: unha entrevista ao recén electo Presidente do Centro Galego de Barcelona e un artigo sobre a emigración da xente nova e a falta de plans da Xunta para evitalo.
Fálase
Tampouco foi nada mala a fin de semana deportiva no baloncesto. Mentres o Obra descansa polo parón ligueiro, na Liga Adecco Ouro o Breogán gañoulle 78-87 ao Tarragona Basquet e na Liga Feminina o Celta venceu ante o UNB Obenasa por 73 puntos a 68
Boa xornada tamén para a representación galega na elite do fútbol feminino. O Olivo de Vigo superou ao Lagunak navarro por 3-2
O Celta tamén segue lanzado cara á primeira división, hoxe gañándolle 0-2 ao Elxe. A esta hora, o primeiro e o segundo posto da clasificación da Liga Adelante son galegos.
Comisións Obreiras e UGT aseguran que máis de 140.000 persoas rexeitaron a reforma laboral esta mañá nas rúas de Galicia
Berros a prol da "folga xeral" no remate da manifestación contra a reforma laboral en Vigo. Na Coruña, CC.OO e UGT afirman que é a protesta máis numerosa en décadas.
As primeiras imaxes das manifestacións contra a reforma laboral comezan a moverse polas redes sociais. Milleiros de persoas nas principais cidades galegas responderon á convocatoria.
A Coruña e Vigo acollen as dúas manifestacións contra a reforma laboral máis multitudinarias do día. Os convocantes, CC.OO e UGT, falan de entre 25.000 e 30.000 persoas.
A esta hora comezan sete das nove manifestacións convocadas por CC.OO. e UGT en Galicia contra a reforma laboral. Hai media hora que se iniciou a de Vigo e ás 12:30 fará o propio a de Lugo.
Portugal, asfixiada, pode ter que renegociar ata a metade da súa débeda pública. En Dinheiro vivo