Boa xornada tamén para a representación galega na elite do fútbol feminino. O Olivo de Vigo superou ao Lagunak navarro por 3-2
Fálase
O Celta tamén segue lanzado cara á primeira división, hoxe gañándolle 0-2 ao Elxe. A esta hora, o primeiro e o segundo posto da clasificación da Liga Adelante son galegos.
Comisións Obreiras e UGT aseguran que máis de 140.000 persoas rexeitaron a reforma laboral esta mañá nas rúas de Galicia
Berros a prol da "folga xeral" no remate da manifestación contra a reforma laboral en Vigo. Na Coruña, CC.OO e UGT afirman que é a protesta máis numerosa en décadas.
As primeiras imaxes das manifestacións contra a reforma laboral comezan a moverse polas redes sociais. Milleiros de persoas nas principais cidades galegas responderon á convocatoria.
A Coruña e Vigo acollen as dúas manifestacións contra a reforma laboral máis multitudinarias do día. Os convocantes, CC.OO e UGT, falan de entre 25.000 e 30.000 persoas.
A esta hora comezan sete das nove manifestacións convocadas por CC.OO. e UGT en Galicia contra a reforma laboral. Hai media hora que se iniciou a de Vigo e ás 12:30 fará o propio a de Lugo.
Portugal, asfixiada, pode ter que renegociar ata a metade da súa débeda pública. En Dinheiro vivo
O PSdeG reclama, a través dunha moción no Parlamento presentada por José Luis Méndez Romeu, que a Xunta "entregue o resultado das investigacións do Igape sobre as condutas irregulares dos seus directivos"
A Xunta informa de que a Academia Galega de Seguridade Pública vai impartir un curso de autodefensa para o persoal do 061