O BNG celebra a súa manifestación "por unha Galiza soberana" a partir das 12 desta mañá na Alameda de Compostela. A marcha concluirá na Praza da Quintana.
Fálase
A recollida do lixo subirá arredor dun 25% en Galicia para paliar a caída de ingresos de Sogama. Cóntao Faro de Vigo.
O alcalde de Santiago asegura querer "evitar a toda costa" que a cidade se converta "nun parque temático para turistas". Nunha entrevista en El País
Anova "fai un chamamento a todas as forzas políticas galegas nacionalistas e da esquerda rupturista" para "dialogar" de cara a un "acordo de unidade de acción para as eleccións europeas baixo a fórmula dunha fronte ampla non excluínte"
A RAG publica a referencia do acto de ingreso de Pegerto Saavedra na institución e o discurso íntegro do novo académico, titulado Demarcacións, topónimos, papeis, memoria: sobre a división e o control do territorio na Galicia moderna
Rajoy négalle a consulta popular a Catalunya e reclámalle "lealdade" a Artur Mas, en resposta á carta do presidente da Generalitat. El Diario reproduce o texto íntegro da misiva.
O Goberno galego volve incluír un acto relixioso na súa axenda oficial. Desta volta, anuncia a asistencia do conselleiro de Educación á procesión das Mortallas, que se celebra mañá na Pobra do Caramiñal no marco das festas do Nazareno.
A Xunta desactiva o nivel 1 no incendio de Carnota e eleva a superficie queimada a 2.200 hectáreas
Orballa no Pindo, segundo informa o xornalista Fran Hermida, que cobre o incendio. A chuvia fina pode contribuír a poñerlle fin ao incendio sen provocar escorrentías e erosión.
As hectáreas queimadas no incendio de Carnota aproxímanse ás 3.000, segundo vén de confirmar o xornalista da SER Fran Hermida.