Samuel Juárez pide ao BNG "unha condena clara" de Resistencia Galega e cre que, no caso do expediente a Jorquera, "a policía aguantou acometidas de bárbaros".
Fálase
Francisco Vázquez asegura que "a unidade de España está peor que na República" e acusa o PSOE de ter unha executiva "de derrotados aliados coa esquerda radical". Faino nunha entrevista no ABC.
Sanidade alerta de seis traídas de auga contaminadas por arsénico en Corcoesto. A Administración tardou dous anos en informar aos veciños dos resultados das análises na parroquia de Cabana.
Falece Elías Querejeta. O cineasta e produtor de cine morreu aos 78 anos na súa casa de Madrid.
As declaracións xudiciais sobre os papeis de Bárcenas revelan que Aznar e Arenas autorizaban o pago de sobresoldos en sobres.
Luis Enrique será o novo adestrador do Celta durante as dúas vindeiras tempadas, segundo confirma o club vigués.
Causa Galiza asegura que nin BNG nin Nós-UP aceptaron celebrar un 25 de xullo "unitario" e "supra-partidario".
O Celta prescinde de Abel Resino malia acadar a permanencia en Primeira División.
Alfonso Rueda cre que hai "elementos de sobra" para levar a Beiras ante os tribunais pero deixa a decisión nas mans de Feijóo. Así o asegura nunha entrevista en Europa Press.
Fernando Vázquez renova o seu contrato co Deportivo por dúas tempadas. Estará unha terceira no banco branquiazul se ascende a Primeira División.