O SPD repite vitoria nas eleccións de Mecklemburgo-Anteporemania, nas que a AfD, co 20% dos votos, se converteu na segunda forza, superando a CDU
Fálase
De Guindos non ten "prevista" unha comparecencia expresa no Congreso para render contas polo nomeamento de Soria, pero afirma que dará explicacións se os grupos o propoñen noutra comparecencia non específica sobre o tema.
En Marea e PSdeG-PSOE critican a negativa de Feijoo a asistir a debates que non se celebren na TVG. Os socialistas denuncian que o candidato do PP "só aceptou o da canle pública porque non será un auténtico debate e xoga na casa". En Marea sinala que "Feijoo rexeita dar a cara en televisións fóra do seu control".
O PP presentou o seu programa para as eleccións do 25S. A formación promete a aprobación dunha nova Lei de Agricultura con incentivos para desenvolver a vida no rural e máis apoio aos autónomos e autónomas
En Marea presentou esta mañá a súa imaxe de campaña, facendo fincapé no obxectivo de construír "un país xusto".
Leiceaga promete convocar 3.500 prazas en educación e sanidade en catro anos se é presidente. O candidato socialista afirma que a súa primeira medida sería un plan para que 10.000 mozos e mozas poidan incorporarse cada ano ao mercado de traballo.
O BNG propón incentivos á compra de produtos locais, revitalizar mercados e acabar co TTIP. Xosé Luís Rivas, Mini, chamou na Festa do Pan de Neda a apoiar o comercio de proximidade.
Albert Rivera afirma na Coruña que "se de Ciudadanos depende, Galicia terá un goberno estable e reformista". Coincidindo co acto, no que tamén interveu Cristina Losada, a formación laranxa lanzou un vídeo no que presenta a súa candidata á Presidencia da Xunta
O Imposto de Sociedades reduciu un 86% a súa recadación entre xaneiro e xullo. O Estado ingresa xa menos cartos da actividade empresarial que das taxas especiais (luz, alcohol, tabaco ou hidrocarburos), as rendas dos non residentes, o comercio exterior e mesmo que por outras taxas e sancións. As empresas empregas as fendas existentes na lei para evitar pagar o imposto.
Albert Rivera estará este domingo na coruña para apoiar a candidata de Ciudadanos á Presidencia da Xunta. O acto, no que intervirán tamén Cristina Losada e Matías Alonso, terá lugar ás 12 diante do Palacio de Congresos.