O Dépor enlaza o seu cuarto triunfo consecutivo e sae dos postos de descenso despois de 17 xornadas. Derrotou con autoridade 0-4 ao Levante con goles de Valerón, Pizzi, Nelson Oliveira e Bruno Gama. Os coruñeses teñen un punto de vantaxe sobre o Granada, dous sobre o Zaragoza e cinco sobre o Celta. O Lugo caeu na casa antre o Alcorcón 0-1 pero mantense na parte media da táboa.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/51699659e1221-deportivo_300x261.jpg)