O Racing de Ferrol golea o Oviedo (4-1) na oitava xornada de Segunda B. Celta B e Somozas empataron sen goles no derbi galego, o Compostela gañou en Luanco (0-1) e o Coruxo empatou ante a Cultural Leonesa (1-1).
Fálase
Teresa Romero está estable pero hai "indicios de certa esperanza" na súa evolución. Así o asegura o comité especial para a xestión da enfermidade do ébola en España.
O Obradoiro cae con claridade ante o Gran Canaria (72-57). Os galegos non puideron en ningún momento co equipo insular, que foi por diante durante todo o encontro.
Os críticos de Anova perden a votación na que apostaban por non presentarse ás municipais. A formación aposta por apoiar as mareas cidadás, pero defende analizar cada situación local á hora de decidir se presentar candidatura propia ou non. Máis información, hoxe en Praza.
Milleiros de persoas participan na manifestación contra a independencia en Barcelona. Está convocada por Societat Civil Catalana e apoiada por PP, Ciutadans e UPyD.
Manifestantes ultras polo 12-O queiman bandeiras galegas e estelades catalás na marcha celebrada en Barcelona. Foto de @Ruantifa.
Fernández de Mesa felicita a Garda Civil por "protexer España dunha inmigración masiva, violenta e ilegal".
Rajoy escribe un artigo en catalán en El País Catalunya. O presidente do Goberno eloxia a edición en catalán do diario pola súa achega "ao pluralismo cosubstancial da sociedade".
Faro de Vigo revela como viviu Sousa a caída do imperio Pescanova. "É evidente que a miña vida acabou", dicía o ex presidente da firma a un confidente.
"O de Podemos xa o fixen eu en Allariz hai 25 anos", di Anxo Quintana, ex líder do BNG, nunha entrevista en El País onde insiste na necesidade dunha "revolta cidadá pola base".