A consultora KPMG alerta do incremento nun 50% en só oito anos (do 2002 ao 2010) dos custos empresariais derivados do cambio climático global e sinala que, se as empresas pagasen integramente os custos medioambientais da súa produción, os seus beneficios diminuirían un 41%. O informe recomenda tomar medidas decididas para frear o cambio climático tanto no ámbito empresarial como na colaboración entre as industrias e os poderes públicos. Resumo en EFEverde e relatorio íntegro en inglés.
Fálase
Natixis, un dos principais bancos de investimento franceses, publica un informe no que afirma que España e Portugal non deben baixar os salarios, xa que o seu desempeño é propio de economías competitivas, grupo no cal tamén se inclúe a Alemaña, Irlanda e Bélxica; polo contrario, os Estados da zona euro menos competitivos son, segundo o relatorio, Francia, Italia e Grecia. No caso de España e Portugal, a crise explícase pola caída da demanda interna, e nese sentido un abaratamento dos salarios só contribuirá a agravar a situación. Eis o informe completo, en francés.
Os representantes da industria cinematográfica aproveitaron a noite dos Goya para expoñer a súa visión sobre o modelo de relacións con internet e co público que defenden, tras o turbulento ano 2011 marcado pola polémica Lei Sinde (ou, máis propiamente, Lei Biden-Sinde-Wert). Semella que os ventos de cambio aínda non chegaron a estas latitudes, como podedes comprobar lendo esta crónica de 20 minutos.
"No habrá paz para los malvados" gaña o Goya ao mellor film español do ano e o seu director, Enrique Urbizu, faise co premio ao mellor director.
Enrique Urbizu, Kike Maillo e a animación galega saen como grandes triunfadores da noite dos Goya.Premios Goya: mellor actor para José Coronado, que co seu papel en "No habrá paz para los malvados" logra impoñerse a Luís Tosar, Antonio Banderas e Daniel Brühl; e mellor actriz protagonista para Elena Anaya, por "La piel que habito", que vence as tamén nominadas Salma Hayek, Inma Cuesta e Verónica Etxegi.
"Arrugas", un drama sobre a vida nun hospital xeriátrico, gaña o premio de mellor film de animación. A animación galega segue a ser vangarda a nivel estatal. Aquí tedes o trailer na versión galega
Baltasar Garzón cólase nos Goya: o premio ao mellor documental vai para "Escuchando al juez Garzón", de Isabel Coixet. O entrevistador é Manuel Rivas, o que lle dá aínda máis sotaque galego a esta noite dos premios Goya.
Ángel de la Cruz, Ignacio Ferreras, Paco Roca e Rosanna Cecchinni gañan o premio ao mellor roteiro adaptado por "Arrugas". É a primeira vez que un film de animación obtén este premio. Ángel de la Cruz dedicou o premio a "todo o audiovisual galego". Podedes coñecer máis desta produción na súa web, en galego.
Noutra orde de cousas, "Eva", a opera prima de Kike Maillo, xa vai polo seu terceiro Goya da noite, incluíndo o de mellor director novel.Aquí podes ver Birdboy (en versión española con subtítulos en inglés), o film de produción galega que gañou o premio Goya 2012 á mellor curta de animación.
Seguen saíndos os premios Goya. Ana Wagener, mellor actriz de reparto por "La voz dormida"; Michel Gaztambide e Enrique Urbizu, mellor roteiro orixinal por "No habrá paz para los malvados".