Os afectados polas preferentes inician a retirada dos seus fondos de NCG. Mantiveron as habituais protestas ante as sedes de NGB, pero de forma silenciosa, como homenaxe ás vítimas do sinistro de Angrois.
Fálase
Bárcenas tamén entregou a Rajoy os 4.900 euros que 'sobraban' na caixa B do PP tras as ordes de Javier Arenas, segundo declarou o ex tesoureiro do partido ao xuíz.
O piloto de rallies Dani Sordo tamén levará unha bandeira de Galicia no seu coche "en apoio a todos os afectados" polo accidente de Compostela. Únese á iniciativa do equipo Lotus.
O Consello de Ministros aproba a polémica reforma da Administración local, que deixa no aire 71 mil empregos en servizos sociais, e 2,6 millóns de beneficiarios de prestacións.
José Ramón Gómez Besteiro promete un PSdeG "totalmente autónomo", que "compartirá o proyecto federal do PSOE" e asegura que as relacións que mantén con Alfredo Pérez Rubalcaba, son "perfectas".
A Policía científica ofreceu datos oficiais sobre os 78 falecidos, dos que xa foron identificadas 72 persoas. Delas, 28 son galegas, 11 de Madrid, 8 de Castela e León, 5 de Andalucía, 3 de Castela A Mancha, e 11 doutras comunidades autónomas. Entre as vítimas hai tamén persoas de México, Estados Unidos, Colombia e República Dominicana.
Os deputados, deputadas e persoal do Parlamento tamén gardaron cinco minutos de silencio ás portas da Cámara.
A Policía Científica rebaixa a 78 o número de falecidos no accidente do tren en Compostela. Seis destes cadáveres están sen identificar. Hai 83 feridos, dos cales 27 permanecen en estado crítico.
O maquinista do tren permanece detido por "imprudencia", segundo vén de explicar a Policía, desde última hora de onte no hospital de Santiago.
Veñen de gardarse 5 minutos de silencio no exterior de todos os Concellos de Galicia. Imaxe da Praza Maior de Ourense