ANova - Irmandade Nacionalista apróbase como o nome da organización saída da asemblea nacional constituínte do Novo Proxecto Común, que se está a celebrar este sábado en Compostela. Toda a información, esta tarde en Praza.
Fálase
O paquete de recortes inclúe beneficios fiscais para a candidatura olímpica Madrid 2020, á que lle outorga "consideración de acontecemento de excepcional interese público" e, polo tanto, co mesmo réxime fiscal "das entidades sen fins lucrativos" e con "incentivos fiscais ao mecenado". Inclúese no BOE de hoxe.
Vilaweb repasa a biografía da deputada do Congreso que deu lugar a unha intensa polémica por exclamar "que se jodan" cando Rajoy anunciou o recorte da prestación por desemprego. Andrea Fabra, unha carreira fulgurante á sombra do seu pai
O diario La Información analiza os "cinco xestos do Goberno para lavar a súa imaxe" tras o anuncio do paquete de recortes
O BOE publica este sábado os recortes decididos onte polo Consello de Ministros
A práctica totalidade dos diarios impresos levan este sábado ás súas portadas a entrada en vigor da suba do IVE, o vindeiro setembro. El Periódico de Catalunya céntrase no impacto que esta decisión do Goberno central, incluída no paquete de recortes, terá no sector cultural.
En Madrid a marcha contra os recortes ateiga a Gran Vía (foto: @antoniofraguas)
En Ourense, a protesta contra os recortes ante a sede do PP derivou no esparcemento de lixo no portal do edificio por parte dalgúns asistentes outros danos materiais, segundo informan fontes presenciais. A Policía acudiu cando xa rematara a concentración. (foto: @pgsarria)
A esta hora desenvólvense en diversos puntos de Galicia e do Estado concentracións contra os recortes. Na Coruña unha das protestas celebrouse no Obelisco e un grupo de manifestantes concéntrase ante a sede do PP da cidade.
A Xunta volve incluír un acto relixioso na súa axenda oficial. Neste caso, o subdirector xeral do Servizo de Gardacostas de Galicia, Lino Sexto, "asistirá á misa e a procesión da Virxe do Carme" en Sada, segundo informa o Goberno galego.