Rajoy reclama ante Aznar que non se faga balance do seu mandato ata o final. O ex presidente do Goberno central encoméndalle ao seu sucesor no PP que aplique as receitas fiscais de FAES. En El Diario.
Rajoy reclama ante Aznar que non se faga balance do seu mandato ata o final. O ex presidente do Goberno central encoméndalle ao seu sucesor no PP que aplique as receitas fiscais de FAES. En El Diario.
O persoal de T-Solar narra, a través dun blog, as súas reivindicacións e accións para tentar evitar o peche da fábrica ourensá. No seu sexto día de peche explican algúns dos seus obxectivos máis inmediatos.
A Xunta dá por extinguido o lume de Piñor "outros dous no mesmo concello", pero segue sen informar sobre se hai máis incendios noutros puntos de Galicia
A Xunta informa dun incendio dunhas 25 hectáreas en Piñor (Ourense). O Goberno galego segue sen ofrecer información pública sobre todos os lumes que acontecen ao día. Hoxe o risco de incendios é alto, moi alto ou extremo en practicamente toda Galicia. #seveslume085
Mariñeiros e mariñeiras da flota cefalopodeira galega de Mauritania e membros da CIG-Mar paralizan a esta hora a "descarga de polbo foráneo" no porto de Vilagarcía de Arousa, segundo informa o sindicato
El Mundo leva hoxe á súa primeira páxina unha "conversa" co ex tesoureiro do PP, Luis Bárcenas. O antigo dirixente conservador, agora no cárcere, "describe o financiamento ilegal do PP e os seus contactos con Rajoy", di este diario.
O presidente da comisión de investigación das caixas, Miguel Santalices, coida que este órgano parlamentario xa achegou "suficiente luz". En La Región.
O Goberno portugués pecha a súa crise política co ascenso do líder do CDS-PP, Paulo Portas, a vice primeiro ministro. Portas dimitira como ministro de Estado tras o nomeamento da nova responsable de Finanzas. Cóntao Público.
A oposición báixalle o soldo ao alcalde de Celanova, do PP, co apoio dunha ex edil conservadora. Recólleo Faro de Vigo.
A Xunta despide, indemniza e recoloca unha directiva en 24 horas. Cóntao El País.