Mondariz-Balneario proxecta vivendas no medio dun xardín histórico. O Concello recualificará terreos orixinarios do Gran Hotel para que a construtora levante os edificios.
Fálase
Pedro Sánchez e Rajoy tan só coinciden no seu rexeitamento á consulta catalá. Ambos os dous considérana "ilegal" durante a xuntanza mantida onte na Moncloa.
Podemos reafírmase como terceira forza co 13,7% de intención de voto, segundo unha enquisa para eldiario.es. O PP gañaría as eleccións pero perdería máis de dez puntos con respecto ás últimas eleccións xerais.
A Cociña Económica de Ferrol deixa de atender 90 persoas polo atraso na sinatura do convenio co Concello, que anuncia que o firmará esta semana.
Jaume Matas entra na cadea. O ex presidente balear ingresa na prisión de Segovia tras ser condenado a nove meses por tráfico de influencias.
Beatriz Sestayo optará a ser candidata do PSOE en Ferrol nas municipais. Promete "tolerancia cero" coa corrupción e anuncia un plan "ambicioso e solvente" de emprego para a cidade.
Finaliza sen avances unha nova reunión sobre o conflito de lixo en Lugo. O comité de empresa declárase "pesimista" respecto da posibilidade de lograr un acordo.
O Exército israelí mata dez nenos tras bombardear un parque e un hospital en Gaza. As vítimas palestinas ascenden a 1.045 e 6.200 feridos.
Veciños logran paralizar por segunda vez o desafiuzamento dunha familia en Aríns (Compostela). Activistas de Stop Desahucios e amigos de Carlos e María deteñen o despexo.
Artur Mas ten xa un plan B se Madrid veta a consulta, segundo El Periódico. Convocaría un goberno de concentración e preparará unhas eleccións plebiscitarias para 2016.