Venden por 100 millóns de euros o aeroporto de Ciudad Real, que custou 1.000 millóns. A infraestrutura afundiu Caja Castilla-La Mancha e concedeu indemnizacións millonarias aos seus directivos.
Fálase
O PP sospeita que Rosendo Naseiro xestiona parte do patrimonio oculto de Bárcenas. Segundo fontes do PP, “esta é unha das principais materias pendentes que terá que aclarar” na súa investigación a Audiencia Nacional.
A universidade pública perdeu un 9% do seu cadro de persoal nos últimos cinco anos. Neste tempo o alumnado creceu nun 7% e as taxas nun 16%, de media.
El comisario económico da UE, Olli Rehn, apoia a baixada dun 10% dos soldos proposta polo FMI para España. Rehn conclúe que "os actores que o rexeiten cargarían cunha enorme responsabilidade nacional polos custes sociais e humanos"
O alcalde de Baralla pide "desculpas" polas súas palabras e nun comunicado volve xustificalas polo "contexto da discusión cos grupos da oposición". No texto enviado polo Partido Popular aos medios o rexedor popular asegura que "censura calquera tipo de réxime totalitario".
Juan Luis Gallego analiza en Público a crise que atravesa a monarquía: "A crise económica e institucional pode levar por diante a un réxime herdeiro do franquismo do que, din os republicanos, non pode vir o cambio necesario". No texto lembra que só os maiores de 53 anos tiveron a posibilidade de votar a Constitución en 1978 e debulla os gastos que xera a Casa Real: "un mastodonte que emprega 353 persoas e dispón de 45 coches oficiais"
A Comisión Electoral do PSdeG-PSOE rematou a revisión dos avais presentados por José Ramón Gómez Besteiro e Manel Vázquez, confirmando que ambos os dous superaron o número de avais necesarios para seren proclamados precandidatos no proceso de primarias, 5.189 no caso de Gómez Besteiro e 1.307 no de Manel Vázquez, despois de anular uns 400 en total.
O Govern catalán anuncia que prorrogará os orzamentos para o vindeiro ano, tal e como solicitaban ERC e Unió. A prórroga non exime da obriga de cinguirse ao límite de déficit do 1,58% fixado polo Ministerio de Hacienda, pero Artur Mas xa anunciou a presentación dun recurso ante os tribunais contra o reparto de déficit
Comeza o Culturactiva SCG 2013. Dende hoxe e ata o vindeiro 5 de setembro a Praza da Quintana, San Martiño Pinario e a Alameda serán escearios para as mellores compañías de teatro e clown.
Con ocasión do 85º aniversario do nacemento de Andy Warhol, o seu museo vén de instalar unha webcam na súa tumba.