O CD Lugo empata sen goles no estadio da Unión Deportiva Las Palmas.
Fálase
A presidenta do Parlamento define como "guai do Paraguai" a decisión de Celia Villalobos de votar pola retirada da contrarreforma da lei do aborto. Foi nunha entrevista na Radio Galega que recolle Galiciaé.
Rajoy achácalle "prexuízos ideolóxicos trasnoitados" a quen non vexa a "saída da crise" que el proclama. En El Diario.
O Obradoiro vence por 53 - 60 na cancha de Gran Canaria e mantense nunha xeira histórica na que xa suma seis vitorias seguidas.
O PP de Vigo pídelle explicacións ao Goberno local porque o meco do Entroido representa a Feijóo practicando recortes. Cóntao Faro de Vigo.
A web Muito Bom recolle "os dez lugares abandonados máis espectaculares de Portugal".
Catro patrullas da Policía Nacional requísanlle o disfraz a dous burgaleses do barrio de Gamonal e dinlles que poderían estar a incorrer nun delito de enaltecemento do terrorismo. Cóntao Diario de Burgos.
Vén de anunciarse a liberación de Marc Marginedas, o xornalista de El Periódico de Catalunya que levaba seis meses secuestrado en Siria.
A Xunta admite que os seus arquivos non cumpren o "mínimo esixible" en departamentos como Sanidade e Medio Ambiente. Cóntao Faro de Vigo.
Sonia López, Fele Martínez, Luís Tosar ou Xosé Ramón Gayoso súmanse á campaña da veciñanza de Sarria na defensa do seu río e das árbores da ribeira fronte ás obras que impulsan o Concello e a Confederación Hidrográfica.