O Deportivo cae goleado na casa ante a Ponferradina (0-3) nun mal partido dos coruñeses. O Lugo perde tamén en Gijón ante o Sporting (2-0).
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/535beb831c9b4-bmkqozuiiae-tpz.jpg)
O Deportivo cae goleado na casa ante a Ponferradina (0-3) nun mal partido dos coruñeses. O Lugo perde tamén en Gijón ante o Sporting (2-0).
A Mesa celebrou esta mañá a súa asemblea xeral na Coruña, na que se elixiu a Marcos Maceira como novo presidente logo da renuncia de Carlos Callón. Imaxe de @onosolar.
O BNG conmemora a loita dos mártires de Carral. "Segue igual de vixente ante un PP que lamina o noso autogoberno", di o seu voceiro nacional, Xavier Vence, ante o monumento que lembra aos fusilados hai 168 anos.
A asemblea nacional da Columna Galega das Marchas da Dignidade celébrase en Teo desde as 10 da mañá. Máis de 30 colectivos están representados neste encontro. Imaxe de @frentepg.
Un xuíz ratifica que Aznar cobrou sobresoldos do PP e non xustificou o seu finiquito. "Os datos extráense da contabilidade oficial do partido", aclara a sentenza.
O Breogán perde o primeiro partido de semifinais dos play-off de ascenso á ACB. O equipo lucense deu a cara en Burgos pero caeu (68-64) malia ter opcións até o final do partido.
O atasco xudicial deixa sen paro a galegos con dereito a prestación. Unha muller cuxo despido foi declarado nulo polo Supremo leva catro anos agardando o subsidio.
O Goberno quere manter a porta traseira do financiamento aos partidos a través das súas fundacións. O proxecto de lei que pretende controlar a actividade económico-financeira dos partidos deixa fóra estas entidades.
Anxos Sumai e Berta Dávila, Premio Nacional da crítica en Lingua Galega. A lúa da colleita e o poemario Raíz da fenda foron as obras galardonadas pola Asociación Española de Críticos Literarios.
Pescanova e a banca levarán o seu plan ao xuíz o luns logo de pactar a devolución de 1.000 millóns. O consello acepta a principal reivindicación das entidades, coa recuperación de 300 millóns máis.