A dirección de Sargadelos e representantes dos traballadores reúnense este luns para comezar a negociar o ERE.
Fálase
O Sergas capta sanitarios para que recorten gasto a cambio de incentivos. A Xunta estende a Galicia unha iniciativa estatal que permite que estas unidades sexan privatizadas.
O Obradoiro perde ante o Joventut (70-63) mentres que o Breogán venceu o COB Ourense (60-62) a falta de dous segundos no derbi galego da LEB Ouro.
O Celta perde ante o Rayo (0-2) e segue sen gañar en Balaídos. Os de Luis Enrique non puideron cun rival moito máis efectivo.
O Lugo empata (1-1) ante o Murcia no Anxo Carro. O coruñés Carlos Pita acadou o gol da igualada ao pouco do final do partido.
O PSOE non celebrará primarias para elixir o seu secretario xeral. Andalucía impuxo o seu criterio e manterase o modelo de elección a través de Congreso e con dereito a voto só para os delegados.
Quintana asegura que "a climatoloxía" impide facer prevención de incendios no inverno e cualifica de "demagóxico" afirmar que hai que traballar durante esa estación para evitar os lumes.
Os aeroportos galegos perden pasaxeiros ata outubro. Santiago e A Coruña caen máis do 5% e Vigo, o 19%. O sistema aeroportuario galego segue en caída libre.
Besteiro aposta por que Galicia traslade "o seu peso como comunidade histórica" á Conferencia Política do PSOE e ao proxecto de futuro do partido no Estado. O líder do PSdeG aposta por "gañar o futuro" para o país coa loita contra o desemprego como principal obxectivo.
O BNG insiste en que só se unirá a Anova para as europeas se esta prescinde de EU. Vence confirma a alianza con ERC e Amaiur de cara aos comicios europeos. Máis información, nuns minutos en Praza.