#debate2013 Beiras pregúntase se os dirixentes do PP "carecen de sensibilidade" ante os padecementos da poboación
Fálase
#debate2013 Beiras reprocha o veto á investigación da traxedia de Angrois e as "vítimas" das políticas de recorte.
#debate2013 Beiras comeza asegurando que "cada vez" que o "señor Núñez anuncia un plan, as boas xentes corren a acubillarse en refuxios anti aéreos"
#debate2013 Conclúe o discurso de Francisco Jorquera e comeza o de Xosé Manuel Beiras, voceiro de AGE
#debate2013 Jorquera di que a "medalla" da paralización de Corcoesto "hai que poñerlla á sociedade" e non ao Goberno galego
#debate2013 Risos na bancada do PP ante a comparación de Jorquera entre Galicia e Noruega
#debate2013 Jorquera repróchalle a Feijóo que o aforro galego "emigra" e que Galicia xa é "fornecedora neta de crédito" para o resto do Estado.
#debate2013 Jorquera destaca que a calefacción e a limpeza do Gaiás custa "sete veces máis" que "a promoción do talento do audiovisual galego".
#debate2013 Jorquera insta a Feijóo a "cuantificar" a rebaixa do IRPF, que sería duns "sete euros ao mes". O voceiro do BNG ínstao a subirlles este imposto ás rendas máis altas e a impoñer tributos sobre a banca e as grandes superficies comerciais.
#debate2013 Jorquera insta a Feijóo a "mirarlles aos ollos" aos emigrantes retornados aos que Facenda lles reclama cartos