O maquinista do tren accidentado declarará este domingo. Está acusado de presento delito de homicidio por imprudencia.
Fálase
Os servizos de auxilio tiveron claros erros de coordinación, segundo informa El País. O parte de Emerxencias revela que houbo atraso na declaración de alerta 2.
O itinerario da marcha do tren accidentado deixaba ao criterio do maquinista o momento de frear, segundo asegura El Mundo na súa edición deste domingo.
Varios xornalistas denuncian a desaparición do BOE deste sábado 27 de xullo e lembran que contiña as destitucións provocadas polos supostos erros co DNI da infanta.
Controlado o incendio nas Neves que ameazou varias vivendas. O lume comezou na parroquia de Liñares. Imaxe de Vía Televisión.
Identificados os 78 cadáveres do accidente de Compostela, segundo anuncia a Policía.
O número de feridos ingresados nos hospitais galegos é de 71, dos que 31 están en unidades de críticos (28 adultos e tres de pediatría), segundo vén de informar a Consellería de Sanidade.
Recollen sinaturas para organizar un partido entre a selección galega e o Compostela en homenaxe a Angrois e en beneficio das vítimas do accidente.
Fomento apraza ata setembro a división de Renfe en catro empresas. Pastor dille aos sindicatos que non é o momento, pero non cita o accidente de Santiago como causa.
O Estado dá por perdidas a gran maioría das axudas á banca. O FROB admite que perdeu 32.000 millóns dos 56.000 inxectados nas caixas nacionalizadas.