O número de feridos ingresados nos hospitais galegos é de 71, dos que 31 están en unidades de críticos (28 adultos e tres de pediatría), segundo vén de informar a Consellería de Sanidade.
Fálase
Recollen sinaturas para organizar un partido entre a selección galega e o Compostela en homenaxe a Angrois e en beneficio das vítimas do accidente.
Fomento apraza ata setembro a división de Renfe en catro empresas. Pastor dille aos sindicatos que non é o momento, pero non cita o accidente de Santiago como causa.
O Estado dá por perdidas a gran maioría das axudas á banca. O FROB admite que perdeu 32.000 millóns dos 56.000 inxectados nas caixas nacionalizadas.
O ministro do Interior ve "indicios razonables" que responsabilizarían o maquinista do accidente. Fernández Díaz visitou o lugar do sinistro xunto a ministra de Fomento, Ana Pastor.
O PP financiou con diñeiro negro a Libertad Digital. Luis Bárcenas confésao na súa declaración ante o xuíz.
O maquinista do tren accidentado négase a declarar, segundo asegura a axencia EFE.
Adif asegura que o maquinista tería que ter freado catro quilómetros antes. O presidente da empresa di que "era función" deste maquinista "contralar a velocidade" porque, senón, "sería un pasaxeiro".
La Voz de Galicia publica a primeira lista de falecidos e feridos tras o accidente ferroviario de Compostela.
Os afectados polas preferentes inician a retirada dos seus fondos de NCG. Mantiveron as habituais protestas ante as sedes de NGB, pero de forma silenciosa, como homenaxe ás vítimas do sinistro de Angrois.