O PP financiou con diñeiro negro a Libertad Digital. Luis Bárcenas confésao na súa declaración ante o xuíz.
Fálase
O maquinista do tren accidentado négase a declarar, segundo asegura a axencia EFE.
Adif asegura que o maquinista tería que ter freado catro quilómetros antes. O presidente da empresa di que "era función" deste maquinista "contralar a velocidade" porque, senón, "sería un pasaxeiro".
La Voz de Galicia publica a primeira lista de falecidos e feridos tras o accidente ferroviario de Compostela.
Os afectados polas preferentes inician a retirada dos seus fondos de NCG. Mantiveron as habituais protestas ante as sedes de NGB, pero de forma silenciosa, como homenaxe ás vítimas do sinistro de Angrois.
Bárcenas tamén entregou a Rajoy os 4.900 euros que 'sobraban' na caixa B do PP tras as ordes de Javier Arenas, segundo declarou o ex tesoureiro do partido ao xuíz.
O piloto de rallies Dani Sordo tamén levará unha bandeira de Galicia no seu coche "en apoio a todos os afectados" polo accidente de Compostela. Únese á iniciativa do equipo Lotus.
O Consello de Ministros aproba a polémica reforma da Administración local, que deixa no aire 71 mil empregos en servizos sociais, e 2,6 millóns de beneficiarios de prestacións.
José Ramón Gómez Besteiro promete un PSdeG "totalmente autónomo", que "compartirá o proyecto federal do PSOE" e asegura que as relacións que mantén con Alfredo Pérez Rubalcaba, son "perfectas".
A Policía científica ofreceu datos oficiais sobre os 78 falecidos, dos que xa foron identificadas 72 persoas. Delas, 28 son galegas, 11 de Madrid, 8 de Castela e León, 5 de Andalucía, 3 de Castela A Mancha, e 11 doutras comunidades autónomas. Entre as vítimas hai tamén persoas de México, Estados Unidos, Colombia e República Dominicana.