O Pontevedra terá que remontar para subir a 2ªB. O cadro granate perdeu ante o Haro (1-0) na ida da eliminatoria final de ascenso.
Fálase
Alberto Garzón e Martiño Noriega comparten acto en Compostela. O líder de IU participou tamén nun debate xunto a membros de Ourense en Común no último día da súa viaxe a Galicia, onde promoveu candidaturas de "unidade popular" de cara ás xerais.
Pedro Sánchez, proclamado candidato do PSOE á Moncloa, comprométese a "erradicar o paro e a corrupción" nun discurso ante unha enorme bandeira de España.
Abel Caballero acusa os colectivos sociais de Coia de "mentir" e di que son "IU disfrazado de asociacións". O alcalde de Vigo presume de sacar o 54% de votos no barrio nunha entrevista en El País, na que di que "o modelo para parar as mareas" é o que el aplica na cidade.
A Coruña uniuse ás manifestacións contra a detención de Alfon, condenado a catro anos de cadea por suposta tenza de explosivos tras participar nunha manifestación pola folga xeral de 2012.
As renuncias ás herdanzas acadan o seu máximo en Galicia con máis de 500 no primeiro trimestre. O incremento é do 18%, moi superior ao que se dá no conxunto do Estado, do 8%.
Pontevedra e Marín acollen unha nova marcha contra Celulosas. A APDR convoca unha manifestación que apoian unha morea de colectivos políticos e sociais. Toda a información, mañá en Praza.
Falece o pintor Manuel Aramburu, un dos mestres da pintura contemporánea en Galicia.
O Concello da Coruña debe a provedores tanto como catro cidades galegas xuntas. Acumula débedas por máis de 23 millóns, máis que Ourense, Vigo, Ferrol e Pontevedra xuntas.
Alberto Garzón reúnese con concelleiros e responsables da Marea Atlántica na Coruña, onde ten hoxe un acto no que volverá apostar pola "unidade popular" de cara ás vindeiras eleccións xerais.