Marilar Aleixandre ocupará a cadeira de Neira Vilas na Real Academia Galega. A RAG salientan que como bióloga e experta en educación "foi pioneira no uso do galego como lingua vehicular no ensino das ciencias"
Fálase
Cruz confírmase como o único rival de Trump, gañando en dous dos catro estados nos que os republicanos celebraron primarias este sábado. Sanders mantén viva a pelexa con Clinton, facéndose con dous dos tres estados en loita nos demócratas
Baleares pode converterse na terceira comunidade autónoma que prohíba as touradas. O Parlamento debaterá unha proposición de lei, impulsada por Podemos, Més e PSOE para garantir a protección integral dos animais sen excepcións, tamén nos circos, as corridas de touros ou os correbous.
Milleiros de persoas asisten no Velódromo de Anoeta ao recibimento a Arnaldo Otegi. O líder abertzale insta "a nova esquerda española" a abrir "procesos constituíntes" en todo o Estado
A policía turca asalta a redacción do xornal opositor Zaman, o máis lido do país, que pasará a ser controlado por un fiduciario estatal. Ademais, Turquía deporta unha diputada da CUP que ía participar nunha marcha feminista kurda
Baltar, elixido de novo presidente do PP de Ourense co 95,66% dos votos. A vicesecretaria nacional do Partido Popular, Andrea Levy, criticou os que se "autoetiquetan" como "nova política" e pretenden "ensinarlles" aos populares ourensáns como deben facer as cousas
Manuel Baltar intervén no Congreso do PP de Ourense, que este sábado o reelixirá como presidente. No encontro participan, entre outros, Alberto Núñez Feijoo e Andrea Levy
Barcelona en Comú, Zaragoza en Común, Compostela Aberta e Marea Atlántica instan o PSOE a elixir "entre as instrucións do IBEX35" ou "comprometerse coa cidadanía". Nun manifesto conxunto pídenlles aos socialistas que renuncien a calquera "formato de gran coalición" e aposten por "un goberno de coalición polo cambio real".
Manuel Baltar será reelixido este sábado presidente provincial do PP de Ourense. O Congreso, que se celebrará no Pazo dos Deportes 'Paco Paz' a partir das dez da mañá, reunirá a 1.070 compromisarios
As portadas da prensa de papel deste sábado móvense entre as referencias á repetición das eleccións (El País: "El fracaso de Sánchez acerca la posibilidad de otras elecciones; El Mundo: "El fracaso de Sánchez inicia la cuenta atrás hacia otras elecciones") e o chamamento á Gran Coalición que realiza ABC.