O presidente da empresa de redes wifi Gowex dimite tras admitir a "falsidade" das contas da compañía, o que levou o Consello de Administración da sociedade a solicitar o concurso voluntario de acreedores.
Fálase
A prensa impresa publica este domingo varias enquisas sobre a intención de voto nas eleccións primaria do PSOE. El Mundo sitúa por diante a Pedro Sánchez (30,8%) sobre Eduardo Madina (27%) e Pérez Tapias (8,3%). Pola contra, na de El País Madina (40%) supera por pouco a Sánchez (37%), cun 18% para Pérez Tapias. O mesmo que na que publica La Razón: 34% para Madina fronte a 21,5% para Sánchez e 8,3% para Pérez Tapias.
El Diario analiza o Real Decreto-Lei de aprobación de medidas urxentes para o crecemeento, a competitividade e a eficiencia, aprobado polo Consello de Ministros este venres e que este sábado entra en vigor, sen ter pasado polas Cortes.
A Anpa do CPI Camiño de Santiago, en Arca (O Pino), convoca unha concentración este domingo ás 11.30 para protestar pola redución no número de mestres no centro para o vindeiro curso. Rexeitan a solución proposta por Educación de “devolverlle ao centro" dous dos seis mestres que prevía eliminar.
Compromiso por Galicia realizará unha consulta entre os seus afiliados e afiliadas para decidir o modelo de concorrencia ás eleccións municipais de 2015. Preguntaralles sobre se deben ser as agrupacións locais as que decidan se participar en solitario ou en coalición. CxG celebrará o seu I Congreso Nacional "cun marcado carácter municipalista"
Xosé Filgueira Valverde será o protagonista das Letras Galegas en 2015, segundo vén de anunciar a Real Academia Galega, que esta mañá celebrou xuntanza ordinaria do seu Pleno. Xela Arias, Ricardo Carvalho Calero, Celestino Fernández de la Vega e Manuel María eran os outros catro candidatos. Toda a información, nuns minutos en Praza.
A Real Academia Galega celebra esta mañá unha xuntanza ordinaria do seu Pleno, na que debaterá e aprobará a elección da figura a quen se dedicará o Día das Letras Galegas de 2015, que se coñecerá ao mediodía. As candidaturas presentadas, como adiantou Praza, son as de Xela Arias, Ricardo Carvalho Calero, Celestino Fernández de la Vega, Manuel María e Xosé Filgueira Valverde.
Pedro Sánchez e José Antonio Pérez Tapias, dous dos candidatos á secretaría xeral do PSOE, visitarán Galicia esta fin de semana. Este sábado Sánchez manterá encontros con militantes e simpatizantes en Ferrol, A Coruña e Santiago. E Pérez Tapias estará mañá domingo en Compostela.
A Unión do Pobo Galego (UPG) celebrará este sábado un acto de celebración do 50 aniversario da formación. Ás 19 horas terá lugar un acto político no Pazo de Congresos de Santiago
Santiago acollerá en novembro un Congreso de Seguridade Informática e Hacking Ético, A Seguridade sen Importancia, SSI2014. Falarase dos tipos de delitos telemáticos e aspectos legais asociados, a recompilación, síntese e filtrado na procura de información pública e a transcendencia da súa exposición,