Barack Obama xurou o seu cargo como presidente dos Estados Unidos
Barack Obama xurou o seu cargo como presidente dos Estados Unidos
O Dépor caeu ante o Osasuna no Sadar 2-1. Esta derrota ante un rival directo na loita por evitar o descenso leva os branquiazuis á última posición da Liga.
Agustín Hernández ocupará a Vicesecretaría única do PPdeG. O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas convértese no número 3 do partido nun congreso na que Paula Prado, concelleira en Santiago de Compostela e deputada, serán nomeada portavoz. Feijoo foi reelexido presidente do PPdeG cun apoio do 98,4 por cento dos delegados. Máis información, nuns minutos en Praza.
O PSOE pedirá que o caso Bárcenas se investigue no Congreso e nos tribunais
O Papa publica o seu primeiro tweet en latín
Ás doce do mediodía comezará na Alameda unha manifestación “Por unha Compostela transparente e participativa”, que protestará pola situación de descontrol que vive a cidade tras o escándalo de Conde Roa e a imputación do actual alcalde Ángel Currás no caso Pokémon. A marcha pedirá a disolución da corporación municipal e a convocatoria de eleccións
Unhas 300 persoas manifestáronse este sábado en Ferrol, baixo unha intensa chuvia, para pedir a devolución dos cartos retidos polas entidades bancarias en participacións preferentes.
A ponencia final do congreso do PPdeG incorporará unha emenda defendida polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, que recomenda que os presidentes das deputacións provinciais sexan elixidos polo voto dos cidadáns.
El Pais salienta hoxe na súa portada que o caso Bárcenas reabre a guerra interna no Partido Popular e que dirixentes próximos a Rajoy temen que sexa parte dunha “operación interna” para debilitalo
Alfonso Rueda seguirá sendo secretario xeral do PPdeG, a pesar da acumulación de cargos do deputado, vicepresidente da Xunta e conselleiro da Presidencia. Rueda estará axudado por un único vicesecretario xeral e por un portavoz.