Pedro Sánchez é o candidato que máis avais obtivo en Galicia para ser candidato á secretaría xeral do PSOE. Ségueo Eduardo Madina e Pérez Tapias. Máis información, hoxe en Praza.
Fálase
Agustín Fernández Paz recibiu este domingo o premio Trasalba, outorgado pola Fundación Otero Pedrayo. Imaxe captada por Manuel Bragado.
O galego Iván Raña imponse na proba do Ironman en Austria e sorprende ao ser quen de completar o percorrido en menos de 8 horas.
A dirección do PSOE accede a difundir a procedencia xeográfica dos avais recompilados polos candidatos á secretaría xeral: Pedro Sánchez, Eduardo Madina e José Antonio Pérez Tapias. Segundo dúas sondaxes Madina é o aspirante preferido entre o electorado socialista e Sánchez, entre os seus deputados e deputadas. En El Diario.
O Concello de Santiago non enviou representación á ofrenda do Antigo Reino de Galiza, celebrada hoxe en Lugo. Desta volta correspondeulle intervir ao alcalde da Coruña, Carlos Negreira, que falou maioritariamente en castelán durante o seu discurso.
Hernández acusa a PSdeG e BNG de buscar o "desgoberno" de Santiago por recorrer a composición do seu goberno, formado maioritariamente por persoas non electas.
O narcotráfico elevará un 6% o PIB galego. As novas normas de cálculo incluirán os cartos derivados do tráfico de drogas ou da prostitución. Cóntao El País.
Varias localidades galegas acolleron ao longo do día diversas actividades lúdicas e reivindicativas co gallo do Día do Orgullo. Na imaxe, a manifestación de Vigo (foto: @aljo_farias)
Un cento de persoas conmemoraron este sábado en Compostela a proclamación da República galega de 1931. Posteriormente desenvolveron debates arredor dunha "nova República galega".
Constitúese Cerna como novo grupo político dentro de Anova. O seu obxectivo inicial será "o nacemento de candidaturas abertas de base cidadá e de listas abertas para o próximo reto das elección municipas á marxe das cúpulas dos partidos".