O Goberno ponlle trabas a un xuízo internacional contra crimes franquistas. Exteriores presiona para suspender as declaracións de querelantes na causa que se instrúe en Arxentina
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/51a1b71442f1a-franquismo-juicio-argentina-querella-crimenes-garzon_ediima20130522_0594_4.jpg)
O Goberno ponlle trabas a un xuízo internacional contra crimes franquistas. Exteriores presiona para suspender as declaracións de querelantes na causa que se instrúe en Arxentina
O Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata (DdoOLeR) incluiu este ano un escrache ao ILG, ademais do pregón de Teresa Moure e a tradicional manifestación.
IU ofrécelles aos movementos sociais unha acción común para as eleccións europeas de 2014. A formación cre que é "o momento de unirse" e denunciar o "fracaso do modelo de construción europea" que provocou o "empobrecemento do Sur de Europa"
Darth Vader faise co control da Praza do Obradoiro tras o desfile das tropas imperiais. #Compostelacontraataca
As tropas imperiais avanzan pola zona vella de Compostela e están a piques de entrar no Obradoiro, onde xa agarda Darth Vader. #Compostelacontraataca
Está a piques de comezar o desfile Imperial Stormtroopers, que cruzará a cidade de Compostela dende o Campus Sur até a praza do Obradoiro.
Ao redor de mil persoas asistiron este venres ao concerto de presentación do novo álbum de Heredeiros da Crus, celebrado en Ordes.
Nestes momentos comeza en Compostela a manifestación convocada polos colectivos de afectados pola estafa das preferentes. Rematará na residencia oficial do presidente da Xunta, en Monte Pío. Toda a información, ao mediodía, en Praza.
El Diario publica unha análise sobre "as consecuencias políticas da precariedade laboral". Os traballadores temporais son unha minoría particularmente débil politicamente. Afilianse menos aos sindicatos, e tamén participan menos en política e acuden con menos frecuencia ás urnas.
O PP busca impoñer o recorte de deputados tamén en Madrid ou Castilla-La Mancha para blindarse ante o avance das minorías