A supresión do programa educativo Escola 2.0 deixa no limbo 600.000 ordenadores portátiles, cuxo destino decidirán agora as comunidades autónomas.
Fálase
Carta manuscrita de Dimitris Christoulas, o xubilado grego que se suicidou diante do Parlamento
A esquerda abertzale, EA, Alternatiba, Aralar e AB celebran este sábado en Donazaharre (no País Vasco francés) un acto conmemorativo do Aberri Eguna
O Consello Consultivo do Parque Natural das Fragas do Eume convocou unha sesión plenaria extraordinaria para a segunda quincena de abril para coñecer o impacto do lume e as medidas adoptadas.
O Espazo Ecogaleguista presenta un documento para o debate. O texto será debatido no “Encontro sobre novas ideas para o século XXI” que os ecogaleguistas celebrarán o 14 de abril en Oleiros.
O tren entre A Coruña e Ferrol gaña pasaxeiros pola crise. A pesar das escasas frecuencias diarias e de que a viaxe leva máis dunha hora, os usuarios anuais creceron de 64 mil a 80 mil en catro anos. Cóntao La Opinión.
O troiano Flashback podería ter infectado xa máis de medio millón de macs.
A OIT publicou un informe sobre as perspectivas de futuro no desemprego xuvenil (.pdf).
Neste vídeo pode observarse como funciona Feiraco por dentro, grazas a unha entrevista a José Luís Antuña, Director Xeral de Feiraco.
O 15 de abril están convocadas manifestacións en toda España en defensa da sanidade pública. En Pontevedra a marea azul está fixada ás 18.30 na Alameda