Ao redor de 50.000 persoas votarán en dous días a través dos círculos de Podemos para elixir o equipo que pilotará a asemblea fundacional da formación, que se celebrará en outono
Fálase
Adrián Varela, ex concelleiro de Deportes en Compostela, nega agora que solicitara o despedimento da muller dun sindicalista, como revelou o sumario da Pokémon.
O Wall Street Journal publica un especial sobre "a Copa do Mundo de todo o demais", cos resultados do mundial de fútbol de Brasil en función dun gran número de variables e estatísticas de cada país. En desemprego, por exemplo España chegaría a semifinais.
A Audiencia Nacional anula o ERE de Coca-Cola. A sentenza dálles a razón aos sindicatos e obriga a suspender o despedimento colectivo de 1.190 traballadores e traballadoras
A débeda galega supera os 10.000 millóns de euros (o que representa o 18,2% do PIB galego) tras subir case un 10% no primeiro trimestre do ano
AGE preparou unha moción para que as organizacións que compoñen a coalición e o resto de formacións políticas a leven aos concellos para solicitarlle ao Goberno galego o cumprimento do acordo parlamentario para a apertura dos comedores escolares durante o verán
Judith Butler, Noam Chomsky, Mike Davis, Eduardo Galeano, Michael Hardt, Naomi Klein, Antonio Negri, Jacques Rancière ou Slavoj Žižek asinan unha declaración internacional de apoio a Podemos.
O PP propón no Congreso un modelo de xestión público-privada para rúas comerciais, semellante aos business improvement districts estadounidenses, nos que os comerciantes pagan impostos adicionais a cambio de recibir servizos públicos extras. Os grupos de esquerda denuncian que esta medida podería supor a segregación de rúas e barrios con diferentes niveis de servizos públicos.
José Luis Méndez deixou a dirección de Caixa Galicia cun retiro global de 15 millóns de euros, entre os que se inclúen 2,7 millóns de euros en concepto de indemnización, algo que fora negado pola entidade. O seu soldo era de 2,5 millóns anuais, superior ao de Miguel Blesa en Caja Madrid.
Os traballadores de recollida do lixo en Lugo, en folga, anuncian que non cumprirán cos servizos mínimos do 100% impostos polo Concello durante a celebración, esta fin de semana, do Arde Lucus.