Facebook introduce (polo de agora só en inglés) a posibilidade de rexistrarse con xéneros distintos do masculino e feminino, como cisgénero, transxénero ou intersexual. Tamén permite que o pronome que acompaña as informacións sobre unha persoa sexa neutro.
Fálase
A reforma do proxecto de Lei de Propiedade Intelectual, aprobada este venres polo Consello de Ministros, abre a vía civil para perseguir infraccións, eleva a contía das multas e limita o uso das copias privadas.
Bruxelas pediralle explicacións a España pola traxedia de Ceuta e polo uso de pelotas de goma contra as persoas migrantes que buscaban chegar a nado á costa.
Os e as socias galegas de Fiare celebrarán este sábado no Carballiño a Asemblea Xeral da Asociación Fiare Galiza, na que participará Juan Garibi (director xeral de Fiare), que informará das últimas novidades deste proxecto cooperativo de banca ética.
A Junta de Andalucía ábrelle expediente á Sareb, o banco malo, despois de detectar que xestionaba un milleiro de vivendas de protección oficial que non puxera a disposición do rexistro de demandantes. A sanción podería chegar aos 109 millóns de euros.
O Tribunal de Xustiza da UE vén de ditar unha sentenza que determina que enlazar un contido que, aínda que suxeito a dereitos de autor, se publicou de maneira aberta non implica violación ningunha do copyright
Unha gran manifestación en Vigo demándalle á Xunta que cesen os recortes na sanidade pública e que o financiamento do novo hospital sexá nun 100% público.
España acumula oito denuncias internacionais polos recortes millonarios ás renovables. Ademais, o Consello de Ministros ten pendente de aprobar un decreto que rebaixa os incentivos ás renovables en 1.750 millóns, un 20 por cento máis.
Dimite Enrico Letta, primeiro ministro italiano, despois de que o seu partido, o Partido Democrático, reprobase a súa xestión nunha votación interna, por 136 votos contra 16. O novo líder do PD, Matteo Renzi, agradeceulle xa "os servizos emprestados" e pediu a conformación dun novo goberno
O estado de Kansas aproba unha lei que permitirá a segregación dos seus habitantes en función da súa orientación sexual e que, por exemplo, un comercio ou establecemento se negue a atender a unha persoa homosexual. A norma, que xa pasou pola cámara de representantes e será aprobada polo senado e o gobernador estatal, fundaméntase no argumento da "liberdade relixiosa"