Fernández de Mesa nega nunha entrevista en La Voz que a Garda Civil disparase pelotas de goma a persoas migrantes en Ceuta. Os vídeos do acontecido amosan o contrario, segundo este especial de eldiario.es
Fálase
Jeremy Corbyn é o novo líder dos laboristas británicos. É considerado o candidato cunha posición política máis á esquerda.
Gandeiros que bloquean a planta de Leite Río en Lugo realizan unha doazón ao Banco de Alimentos. Cóntao a revista Afriga
A masiva manifestación a prol da independencia de Catalunya celebrada onte en Barcelona ocupa este sábado boa parte das primeiras páxinas dos diarios impresos.
O Encontro Cidadán por unha Marea Galega celebra este sábado unha xornada baixo o título Construíndo a unidade. O acto inclúe unha mesa de partidos ás 16:45 da tarde.
O bloqueo das industrias lácteas decidido polos gandeiros xa é efectivo na provincia da Coruña e esténdese tamén a Lugo. Cóntao Campo Galego. (Na imaxe, gandeiros ante a planta de Nestlé en Pontecesures).
Milleiros de persoas dispóñense xa a participar na Via Lliure de Barcelona, acto central das mobilizacións convocadas co gallo da Diada Nacional de Catalunya. Está a contalo Vilaweb e a Asemblea Nacional Catalana está a emitilo en streaming.
O PSOE de Lugo acusa a presidenta da Deputación, Elena Candia (PP), de cobros irregulares. "Tendo unha dedicación exclusiva, que segundo dita a Lei non permite o cobro por outras actividades profesionais, cobrou comisións por facer seguros durante os case 4 anos que foi voceira do PP e polo menos o primeiro mes como presidenta da Deputación", afirman. Os socialistas esixen "dimisión, devolución dos cartos e explicacións". Candia nega as acusacións e acusa os socialistas de teren "mala fe".
Os gandeiros mobilizados en Compostela deciden emprender unha folga de entregas e, ao tempo, participar nos bloqueos á distribución. Está a contalo Campo galego. Máis información, hoxe en Praza.