O Goberno ucraíno medita declarar o estado de excepción en Kiev ante as protestas. Decenas de miles de persoas protestan contra o Goberno e a prol da integración na UE.
Fálase
Feijóo di que "ningún goberno" botará abaixo medidas como a redución de deputados despois da crise. "Ningún executivo volverá poñer centos de coches oficiais", asegura o presidente da Xunta.
A Mesa denuncia que 12 estudantes galegos fican fóra do proceso para contratos predoutorais por razóns lingüísticas. A entidade xa iniciou contactos con entidades vascas e catalás para denunciar a situación.
Uns 50 delegados sindicais do naval inician un peche no Concello de Ferrol tras a masiva manifestación que percorreu a cidade. Imaxe de @raulsalgado.
O Obradoiro vence na pista do Gipuzkoa (63-67) e suma a súa segunda vitoria consecutiva e a terceira da tempada.
Milleiros de galegos nas manifestacións de Nunca Máis. Masivas marchas contra a impunidade e en protesta pola sentenza do Prestige. Máis información, nuns minutos en Praza.
Así berrou Riazor Nunca Máis. Os afeccionados de Deportivo e Lugo gritaron con forza contra a sentenza do Prestige durante o encontro que os enfrontou na Coruña.
Comenzan en Galicia as manifestacións de Nunca Máis contra a impunidade da catástrofe do Prestige. As sete cidades galegas, ademais de Foz, acollen as marchas convocadas pola plataforma.
Así soou o Nunca Máis onte en Balaídos. En Riazor, as afeccións de Deportivo e Lugo tamén berraron con forza contra a sentenza do Prestige.
O PP perdería 40 escanos de haber hoxe eleccións xerais, segundo unha enquisa de El País que outorga un deputado ao BNG e mantén as previsións de suba de IU e UPyD.