Un dos falecidos no atentado de París é galego. Alberto Pardo Touceda foi un dos asasinados na sala de concertos Bataclan e é orixinario de Galicia, segundo conta La Voz.
Fálase
Ascenden a catro os españois mortos nos atentados de París. Jorge Alonso de Celada e Alberto Pardo Touceda son dúas novas vítimas do masacre terrorista da capital francesa.
O sector do cerco xa se manifesta en Compostela "por un reparto xusto". A mobilización parte da praza do Obradoiro. Toda a información, hoxe en Praza. Foto de @acerga
Unha marcha percorre xa Vigo en demanda dun hospital público e de calidade. A manifestación foi convocada pola xunta de persoal do Chuvi e pide a "recuperación do novo hospital 100% público". Foto de @carmeadan.
O PSOE quere ampliar o dereito a voto ata os 16 anos. Os socialistas levan no seu programa a apertura da debate sobre a rebaixa da idade mínima para poder participar nuns comicios.
A precariedade laboral lastra a recuperación da caixa da Seguridade Social en Galicia. As cotizacións sociais caen ata setembro un 0,6% malia que as afiliacións aumentaron preto do 2%. É o maior descenso no Estado logo de Asturias.
As xubiladas galegas cobraun un 38% menos cós homes. Traballos peor pagados e menos anos de cotización provocan esta discriminación, tal e como conta La Voz de Galicia.
Un español, entre os mortos tras o atentado terrorista en París. Juan Alberto López Garrido estaba desaparecido desde que se produciran os ataques.
En Marea fai públicas as súas candidaturas para o 20D. Fernán Vello será número 1 por Lugo e Méndez Ferrín inclúese nas listas ao Senado. Máis información, esta tarde en Praza.
Carlos Callón e Carme Adán pasan a noite acampados cos mariñeiros do cerco. O sector reclama unha nova repartición e mañá manifestarase co apoio da maioría de formacións políticas.