Paco Martín 'retrata' a Agustín Fernández Paz en El País. Agustín Fernández Paz, a quen todo o mundo quere

Paco Martín 'retrata' a Agustín Fernández Paz en El País. Agustín Fernández Paz, a quen todo o mundo quere
#12C_PSdeG Vázquez dedícalle o triunfo aos militantes "anónimos", que "nunca falan e sempre traballan"
#12C_PSdeG Pachi Vázquez revalida a secretaría xeral dos socialistas. Os detalles, nuns minutos en Praza.
A Mocidade Nacionalista Galega decide, na súa Asemblea Nacional, abandonar Galiza Nova, a organización de mocidade do BNG.
#12C_PSdeG Espinosa remata citando a Michelle Bachelet e apelando á unidade. O PSdeG "ten a obriga moral de gañar as próximas eleccións", asegura.
#12C_PSdeG Espinosa: "Preséntome sen peaxes, sen tutelas, sen débedas, pero con moitos respaldos e moitos amigos dos que non me avergoño e que me honran coa súa confianza".
#12C_PSdeG Espinosa reivindica a "Laxe, Touriño e Pepe Blanco" pero insta a "non recrearse no pasado". Di que o seu é un proxecto "socialdemócrata" e que "bebe nas fontes do galeguismo de Carlos Casares e Ramón Piñeiro". O auditorio en pé ao lembrar a Isaac Díaz Pardo.
#12C_PSdeG Espinosa sinala que "non son os socialistas os que sacan a xente á rúa, é a política de Feijóo e Rajoy". "Pero o cambio non virá só", xa que "antes de que os cidadáns nos devolvan a confianza, temos que merecelo".
#12C_PSdeG Espinosa reiviindica que "as mulleres agora queremos dirixir o socialismo galego" e subliña que "elixiremos o candidato cando toque, en primarias"
#12C_PSdeG A candidata á secretaría xeral propón un código ético dos cargos públicos e orgánicos. Cita a Pablo Iglesias "os partidos non son fan adeptos coa súa doutrina, senón cos bos exemplos e a boa conduta da súa xente".