O fracaso de Madrid 2020 deixa moi debilitada a Ana Botella nas súas opcións de ser candidata nas eleccións municipais de 2015 e supón unha gran decepción para a Casa Real, destaca Vozpópuli
Fálase
Compromís-Equo levará a democracia directa ao Congreso na votación da Lei de Transparencia. Os cidadáns poderán decidir até o xoves a través de Internet que emendas apoiará ou rexeitará o deputado Joan Baldoví
A Xunta traballa para pechar nos vindeiros dous meses dúas fusións de concellos, unha grande na Coruña e outra pequena en Ourense, segundo publica La Voz de Galicia
As empresas adxudicatarias pretenden recortar 20 millóns ao ano en persoal nos hospitais privatizados en Madrid. 2.800 dos 5.200 profesionais sanitarios que traballan nos seis centros privatizados son interinos e eventuais e as empresas aseguran o mantemento dos seus contratos, pero non das súas condicións.
Fútbol. Terceira División:
As Pontes 0 - 0 Betanzos
Laracha 1 - 0 Alondras
Grixoa 0 - 1 Pontevedra
Racing Vilalbés 1 - 0 Negreira
Choco 2 - 1 Ordes
Dorneda 0 - 3 Boiro
Cerceda 3 - 1 Somozas
Bertamiráns 1 - 1 Rápido de Bouzas
Arousa 2 - 0 Fabril
Cultural Areas 0 - 0 BarbadásFútbol. Segunda B. Coruxo e Celta B empatan sen goles no derbi vigués disputado no Vao.
Gallardón pagou a Urdangarin 120.000 euros por dous folios con 31 nomes do COI. O Concello pagou esta cantidade á ONG do duque de Palma.
Obama comprométese a non atacar Siria sen o apoio do Congreso. A Administración dos EUA esfórzase por convencer os congresistas.
O Goberno central consensuará coas autonomías o recurso sobre o 'tax lease'. O ministro Soria convocou a Galicia, Asturias e Euskadi a un encontro onde tamén acudirán representantes do Ministerio de Facenda, de Economía e de Asuntos Exteriores.
A pobreza infantil en España é das máis altas dos países industrializados, segundo un informe de Unicef.