E logho ti, de que familia vés sendo?

Estes serían, claro, os pitiños Dominio Público Praza Pública

O blog Se o vello Sinbad tivese fillos, o espazo de Praza dedicado á paternidade e maternidade e ás moitas cousas que xiran ao redor desa actividade que se realiza a tempo completo, pregúntase polos distintos tipos de familias. E acha que hai catro: Pitiñas, Mouchas, Domingueiras e Morticias. Cal é a túa?

E contestando á galega diría: depende.
Nos tempos pre-legado xenético nos que non existían os horarios, vía as familias saír á rúa ás tres da tarde a plena soalleira e non podía máis que pensar: “diola, co ben que estarían na sesta!”.

Nunca tomei o tempo coma unha limitación que me impedira facer cousas, un cárcere imposto no que non só te limitan senón que entras nunha dinámica gris. Ollo, non digo que non haxa que ter horarios senón que estes sonche ben flexibles.

Nestas idas e voltas distinguín ata catro familias diferentes e función dos horarios

Toda esta filosofía de Faino Ti (FT= barateira) vén por un dos moitos defectos que eu teño. Non paro de mirar á xente e cómo se comporta, sonche  unha “mirichas”, ou “guichona” como dín no meu país, e eso deume pé a poder observar que nas cidades os espacios de lecer para ás familias son mínimos (e naquelas nas que chove máis do 80% do tempo son ridículos) e moitas rematan facendo os mesmos percorridos cal ratos na roda na que todos conflúen.
Nestas idas e voltas distinguín ata catro familias diferentes e función dos horarios (españois…)
 

Pitiñas:

Todo o fan antes ca todos. Érguense antes do sol poruqe cando este raia, xa teñen preparado todo e listo. Sempre andan apuradas e móvense a velocidades pasmosas cunha organización  medida ao milímetro digna dos marines e independentemente dos fillos que teñan.
Non durmen sesta e saen cedo da casa chova, faga sol ou neve. Son esas que cando tí chegas ao parque ou ludoteca elas xa están de volta cara á casa a facer ceas, baños e poñer pixamas antes das oito da tarde, hora de se deitar.
Se vas de viaxe con algunha deste tipo perpárate a vivir todo antes que todos e máis rápido.

 

Mouchas:

Son todo o contrario das anteriores. Aproveitan o tempo doutro modo. Érguense cando o sol raiou hai tempo e na mesa do almorzo só quedan as migallas.
Pensan que o tempo é chicle para eles e fan todo paseniño, sen présa.Chegan a todo depois das Pitiñas. De feito, son as que te cruzas cando marchas do parque cara á casa.
Deitan aos nenos non antes das nove-dez da noite e aínda así o día aínda non rematou para eles pero o día ten o tempo que ten e cando se dan de conta do tarde que é ven que na axenda quedaron cousas sen facer.
Se vas de viaxe con elas acumula paciencia a lotes porque vala necesitar se queres seguir o seu ritmo a trás-pés.

 

Domingueiras:

Concentran todo o lecer nun só día e son as 24h máis intensas do mundo. Serían unha perfecta combinación entre as pitiñas e as mouchas se non fora porque só saen os domingos.
Son as que aproveitan a almorzar rápido de paseo polo centro, ir de tapas no xantar, tomar o café ao sol, ir ao cine e depois ao parque (co cal entran coas pitiñas e saen cos mouchos) e cean fóra. Todo esto antes das dez que o luns apremia.
Son fácilmente recoñecibles. Domingo, familia ao completo, levan lambetadas nas máns e globos de Bob Esponja no carriño.
Se vas con elas de excursión prepárate a vivir o domingo máis intenso e concentrado do mundo.

 

Morticias:

Non saben que tempo vai ese día. Se chove ou fai sol, se neva ou se escampa. Non falan de parques nin de prazas pero saben un lote de tendas e chikibolas e de qué centro comercial é o mellor da cidade. Estas familias case viven nos CC.CC porque son felices alí e porque son 24 horas eternas no que os horarios non existen . Dis que din que unha destas familias intentou saír fóra dun, e estoupou… así que se ides de viaxe con elas, ollo.

Entón di: de que familia vés sendo?

Estes serían, claro, os pitiños Dominio Público Praza Pública
E velaquí as mouchas Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.