O aPorto 2013 preséntase cun xantar africano

O xantar será preparado pola señora Filó, unha cociñeira angolana Dominio Público Praza Pública

Achégase o verán e é tempo de ollar cara ao sur, cara a Porto, que outravolta acollerá os cursos de portugués de aPorto a partir do 22 de xullo. Son cursos dunha semana de duración, que inclúen aulas de mañá e atividades culturais e conversas informais de tarde. As aulas teñen lugar na FLUP, Faculdade de Letras da Universidade do Porto, e as actividades culturais en diferentes puntos da cidade tentando amosar o Porto que o turista común tería dificultades de atopar. En abril e maio realizouse unha preiscrición e o 17 de xuño abrirase de novo un prazo para novas inscricións até encher todas as praza dispoñibles nas cinco quendas nas que imparte o curso.

Para presentar os curso este sábado día 15 de xuño ás 22 horas a compostelá Nave de Vidán acollerá un xantar africano, organizado pola libraría Ciranda. Cun prezo de 15 euros, pode asistir calquera persoa que o desexe e ao seu remate realizarase un sorteo que entregará unha praza de balde nos cursos. O xantar está preparado pola señora Filomena, unha cociñeira angolana e ten a seguinte ementa: entrada de camarões picantes à africana; cachupa (e cachupa vegetariana, se houver pedidos), acompanhada com arroz branco; moamba de galinha, com pirão e funge; e sobremesa de creme de farinha de milho e abóbora-menina. A cachopa é parecida á unha feijoada acompaada de arroz e a moamba é unha galinha estufada com bastante mollo e acompanha dunha pasta de fariña de millo. 

Tamén haberá música africana, nomeadamente dos PALOP (Países Africanos de Língua Oficial Portuguesa) da man de Carlos Mendes Pereira. As reservas pódense realizar a través do enderezo loaira.ciranda@gmail.com.

O xantar será preparado pola señora Filó, unha cociñeira angolana Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.