Os irmandiños volven ao castelo do Val de Soneira

Asalto ao castelo de Vimianzo CC-BY-SA Praza Pública

Os irmandiños volven asaltar o castelo de Vimianzo. E con este xa van 20 anos de conmemoración das revoltas que se estenderon no século XV en Galicia, particularmente da que asolou o castelo do Val de Soneira. A revolta social tivo lugar entre 1467 e 1469 e foi o froito de anos de opresión dos señores feudais sobre o pobo que, azoutado pola fame, reaccionou con aquel forte levantamento.

O que se fai en Vimianzo cada ano é representar unha historia paralela á época que provoque esta revolución, para logocelebrar a vitoria do pobo en contra dos máis poderosos. Trátase dunha exaltación deste acto de rebeldía e dunha inmersión de Vimianzo no medievo, especialmente na banda campesiña do mesmo.

Trátase dunha exaltación deste acto de rebeldía e dunha inmersión de Vimianzo no medievo, especialmente na banda campesiña do mesmo.

A idea xurdiu dun grupo de amigos pero, pouco a pouco comezou a ter implantación na vila e hoxe en día xa é toda unha institución e unha data que os vimianceses (e tamén os de fóra) riscan nos seus calendarios.

Arredor do núcleo da festa, que é o propio asalto ao castelo, están artelladas unha serie de actividades Desde a clásica feira artesanal no centro da vila ata calquera actividade para os máis pequenos, pasando polo teatro, a música e diversos concursos que animan aos asistentes. Unha das actividades curiosas é o concurso de petiscos no que só se poden usar produtos do século XV, evitando o desenvolvemento gastronómico que trouxo, por exemplo, o descubrimento de América.

Arredor do núcleo da festa, que é o propio asalto ao castelo, están artelladas unha serie de actividades Desde a clásica feira artesanal no centro da vila ata calquera actividade para os máis pequenos

O sábado pola noite son os concertos, que comezaron chamándose "Noite Folk". Logo de dúas décadas, o espectáculo musical de media noite segue sendo o eixo vertebral.

O Asalto remata co ariete derrubando as portas do castelo, pero non sen antes ter ante si unha verdadeira guerra de globos de auga entre os irmandiños (o público) e os defensores da fortaleza.

É unha cita recomendable para quen queira pasar unha fin de semana nun ambiente festivo e lúdico, á par que didáctico e histórico.

 

Cartaz do Asalto ao castelo CC-BY-SA Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.