Que é a Democracia 4.0? En resumo trátase dunha iniciativa para avanzar cara a unha participación directa dos cidadáns e cidadás na toma de decisións políticas, un intento de democracia directa que tenta aproveitar as posibilidades abertas pola rede. Os Parlamentos autonómicos da Comunidade Valenciá Andalucía e Catalunya xa contan con sistemas técnicos e disposicións legais garantizar o exercicio do voto nos plenos a aqueles deputados que, por estar de baixa por enfermidade ou nun permiso de maternidade ou paternidade, no puidesen asistir.
Se a iso unimos unha interpretación flexible do artigo 1.2 da Constitución: "a soberanía reside no pobo español", temos os elementos que configuran esta proposta, que se concreta na demanda de que todas as persoas maiores de idade poidan votar nos plenos do congreso, exercendo a súa porción de soberanía, que se lles retiraría aos deputados e deputadas. Deste xeito, con 35 millóns de persoas con dereito a voto e 350 deputados, se cen mil persoas participasen vía Internet nunha votación, iso significaría un escano e se votasen un millón, serían dez escanos.
Con 35 millóns de persoas con dereito a voto e 350 deputados, se cen mil persoas participasen vía Internet nunha votación, iso significaría un escano e se votasen un millón, serían dez escanos
O movemento 15M está facendo bandeira desta proposta, que xa lle foi remitida á comisión de garantías constitucionales do Congreso dos Deputados en novembro de 2010. Para iso están recollendo sinaturas e entregando formularios para que as persoas que o desexen depositen a solicitude no Congreso directamente. Sosteñen que sería unha forma de aumentar a participación política dos cidadáns e que non é incompatible co sistema actual de representación indirecta, que seguiría sendo amplamente maioritario, pois parece difícil pensar que nunha votación, mesmo aquelas especialmente determinantes, a participación online fose a ser masiva.