As organizacións e colectivos sociais enmarcadas dentro da economía social e solidaria, por mor da súa natureza organizativa, fican habitualmente excluídas ou teñen moitos atrancos para acceder aos circuítos financeiros; é o caso das cooperativas, as asociacións, as empresas de inserción e os movementos sociais. Así mesmo, cada vez son máis as persoas que queren estar seguras de que os seus aforros non se empregan para operacións especulativas nin para negocios cos que concordan nunha perspectiva ideolóxica.
Para dar resposta ás demandas xeradas polas dúas situacións anteriores xurdiu nos últimos anos a chamada banca ética, que constitúe un modelo organizativo de xestión democrática e non lucrativo, que procura fomentar o aforro solidario e o investimento ético para financiar proxectos de desenvolvemento local e de cooperación co Sur, con alto valor social e ecolóxico, non especulativos e que buscan a recuperación do protagonismo da cidadanía na captación, xestión e aplicación dos cartos.
Nas últimas semanas, ademais, produciuse a aprobación sen votos en contra da entrada do concello de Manzaneda en Fiare Galiza. É o primeiro concello que se animou a formar parte deste proceso
Fiare organiza mesas redondas e reunións ao longo do mes de xuño en Betanzos, Vigo, Coruña ou Compostela, continuando co seu traballo de difusión do seu proxecto. Este proceso terá un fito importante o o 30 de xuño coa reunión da Xunta Directiva de Fiare Galiza (aberta a todas as persoas socias). Nas últimas semanas, ademais, produciuse a aprobación sen votos en contra da entrada do concello de Manzaneda en Fiare Galiza. É o primeiro concello que se animou a formar parte deste proceso.
Fiare cumpre unha función de financiamento a entidades que traballan con persoas en situación ou risco de exclusión, organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento e a cooperación co Sur, empresas da economía solidaria e, en xeral, a todas aquelas entidades sen ánimo de lucro que promoven ou desenvolven actividades con impacto social positivo. Finalmente, tamén outorga créditos para a posta en marcha de proxectos empresariais presentados por calquera persoa física ou xurídica, aínda que a aprobación de todo financiamento está suxeita á avaliación ético-social tanto da entidade solicitante coma do proxecto. Ao peche do exercizo 2011, as súas cifras eran de 4 millóns de euros en concepto de capital social, uns 30 millóns de euros en depósitos de aforro e 10 millóns de euros en préstamos concedidos.
O Proxecto Fiare
O proxecto Fiare parte dun diagnóstico concreto: as nosas sociedades son inxustas. É desde a indignación que produce esa inxustiza desde a que xorden os dinamismos para desenvolvelo. A actividade económica non é neutral. Pretende impoñerse a impresión de que a economía funciona con claves científicas nas que non entran dimensión éticas. Así, o sistema bancario tradicional pasou da súa función básica de intermediación de depósito e crédito a un entramado complexo en que o interese principal está nas carteiras de negociación especulativas. Fiare é un proxecto nado en Euskadi no ano 2003, coa vontade de impulsar unha banca ética cidadá, ofrecendo os seus servizos ao conxunto da cidadanía e da economía social e solidaria do Estado Español.
Fiare está nun proceso de fusión coa Banca Popolare Ética, S. Coop, que lle permitirá converterse en 2013 na primeira cooperativa de crédito internacional de banca ética e ofrecer todos os servizos bancarios necesarios para ser operativos en todo o territorio español coma calquer outro banco
A actividade financeira de Fiare desenvólvese a través da empresa Fundación Fiare SL, forma baixo a cal están contratadas as 7 persoas profesionais con que conta hoxe o proxecto. Fiare está nun proceso de fusión coa Banca Popolare Ética, S. Coop, que lle permitirá converterse en 2013 na primeira cooperativa de crédito internacional de banca ética e ofrecer todos os servizos bancarios necesarios para ser operativos en todo o territorio español coma calquer outro banco.
A banca ética permite dirixir o aforro de persoas, familias e organizacións cara a proxectos que supoñen unha transformación da nosa sociedade. Fiare proponse financiar unicamente actividades económicas con impacto social positivo e ofrecer ao aforrador e investidor responsable a posibilidade de apoiar estas actividades. Para que esta actividade de mediación financeira sexa significativa e supoña unha verdadeira alternativa para a cidadanía en xeral, Fiare insertarase no sistema bancario de forma efectiva, coa garantía do Banco de España. Terá por tanto a mesma regulamentación da banca tradicional, pero sen que o resultado económico sexa o principal obxectivo, de xeito que ningún grupo de interese participante no proxecto Fiare poderá reclamar a maximización do beneficio económico.
A marca identitaria de Fiare está na súa constitución sobre as redes cidadás, que deben ser as rectoras do proceso de intermediación financeira, xa que son as máis próximas ás realidades sobre as que se quere traballa
A marca identitaria de Fiare está na súa constitución sobre as redes cidadás, que deben ser as rectoras do proceso de intermediación financeira, xa que son as máis próximas ás realidades sobre as que se quere traballar. A asociación Fiare Gz nace a comezos do ano 2010, e está conformada por ADEGA, AIS O Peto, Altermundo, ARELA, Asociación Amarante- Setem, Coordinadora Galega de ONG's para o Desenvolvemento, Enxeñería sen Fronteiras, Fundación Taller de Solidariedade, Panxea, Proclade, Parroquia Cristo da Victoria de Vigo, Sindicato Labrego Galego, Solidariedade Internacional e Verdegaia.