AGE denuncia os cultivos enerxéticos de crecemento rápido

Forestación de Eucaliptos CC-BY-NC-SA AFG

Alternativa Galega de Esquerda presentou unha Proposición non de Lei na que se insta ao goberno da Xunta de Galicia a rexeitar e non fomentar a utilización de cultivos enerxéticos de crecemento rápido para a produción de biomasa en Galicia. O deputado Antón Sánchez defendeu a proposta destacando os aspectos negativos deste tipo de cultivos e que están a xurdir ao longo e ancho do país.

O deputado de AGE puxo de manifesto a necesidade de apostar pola biomasa empregada de xeito racional como por exemplo con excendentes de cortas ou actividades agrarias para o subministro enerxético descentralizado e a pequena escala en pequenas plantas

O deputado de AGE puxo de manifesto a necesidade de apostar pola biomasa empregada de xeito racional como por exemplo con excendentes de cortas ou actividades agrarias para o subministro enerxético descentralizado e a pequena escala en pequenas plantas que poidan axudar aos concellos ou a pequenas empresas a ser máis eficientes no consumo e empregar menos combustíbeis fósiles, ou producir calor en vivendas unifamiliares. "O que non se pode facer", explicou Antón Sánchez, "é pular por un modelo enerxético que teima no hiperconsumo e no malgasto”.

“Temos que reducir e racionalizar o consumo, reducir e racionalizar o transporte e todos os desprazamentos, fomentar o transporte comunitario, ser efectivos pois ese modelo de cultivos monoespecíficos para producir vatios é suicida e ten ademáis un balance enerxético negativo. É un sensentido xa que gasta mais enerxía no transporte e labores de cultivo que a enerxía que produce”, dixo.

O grupo parlamentar de AGE rexeita polo tanto os cultivos enerxéticos por ser “ecoloxicamente insustentábeis, favorencen ás grandes empresas, provocan perda de biodiversidade e empobrecen os ecosistemas e os solos”

O grupo parlamentar de AGE rexeita polo tanto os cultivos enerxéticos por ser “ecoloxicamente insustentábeis, favorencen ás grandes empresas, provocan perda de biodiversidade e empobrecen os ecosistemas e os solos”. A isto hai que sumar o feito de que compiten coas terras para produción alimentar “que non nos sobran” e “están a crear fame no mundo especialmente no sur do planeta onde desprazan comunidades campesiñase indíxenas”. Por todo isto, e ante o borrador de Decreto elaborado para o uso deste tipo de cultivos para a produción eléctrica, Alternativa Galega de Esquerda amosa a súa oposición a seguir fomentando a súa utilización de cultivos de enerxéticos de crecemento rápido para a produción de biomasa en Galicia.

Forestación de Eucaliptos CC-BY-NC-SA AFG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.