AGE propón unha lei para que as grandes superficies doen os produtos a piques de caducar

Banco de alimentos no Pais Vasco Dominio Público Praza Pública

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) propón que o Parlamento galego aprobe unha norma que estimule as grandes superficies á doazón de todos os alimentos que as empresas desbotan por atoparse próximos a súa caducidade, pese a atoparse en condicións aptas para o consumo. AGE salienta que máis de 60 mil persoas dependen en Galicia dos bancos de alimentos e denuncia que a UE e o Goberno están limitando os fondos destinados a eses bancos, "privando de asistencia á bolsa de cidadáns con economías destruídas pola crise".

AGE lembra que segundo a EPA en Galicia ai 83.700 fogares que non reciben rendas polo traballo, cunha demanda de alimentos en bancos e comedores sociais que creceu entre un 50 e un 100% en 2012. Yolanda Díaz destaca que “a alarma social esténdese cando falamos de fame física, do limiar da pobreza e de rendas familiares dramáticas. O desenvolvemento normativo é unha obrigada resposta para frear a miseria e a negación de dignidade”.

A iniciativa é semellante á que Compromis-Equo vén de presentar no Congreso, que propón tamén que obrigue a vender unha serie de produtos a granel, “para non obrigar o consumidor a mercar en exceso, máis do que sabe que necesita, e tamén para aforrar en embalaxes. E que esixe que o etiquetado de alimentos inclúa unha dobre data, a do límite para a venda e a do límite para o consumo.

Banco de alimentos no Pais Vasco Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.