AGE-Vigo pídelle "transparencia" a Abel Caballero sobre Porto Cabral

Andaina contra o proxecto de Porto Cabral Dominio Público Galiza non se Vende

Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) en Vigo denuncia "a falta de transparencia" existente até agora nas negociacións levadas a cabo por Eurofund para recabar apoios para o seu proxecto de construción dun macrocentro comercial no monte comunal de Cabral. Faino coincidindo coa reunión mantida este xoves no Club Financeiro entre directivos de Eurofund e unha vintena de empresarios. AGE sinala que os promotores de Porto Cabral "até o de agora non presentaron nin un só dato fiable nin foi capaz de explicar aos veciños de Cabral cal é o proxecto que pensan desenvolver en Liñeiriños".

Dende a coalición de esquerdas saliéntase que todo isto ven sucedendo "co beneplácito da Xunta, do Concello e da directiva da comunidade de montes con PortoCabral" e que neste tempo en ningún momento se lles transmitiu aos veciños de Cabral nin ao resto da cidadanía "ningunha información concreta sobre o proxecto, a pesaren de ser solicitada en varias ocasións". Engaden que "dende AGE requiriuse información sobre PortoCabral no parlamento de Galicia sen que a día de hoxe se teña ningunha resposta".

Entre outras cousas, AGE esixe que se lle explique á cidadanía que "Eurofund, que se presenta como solvente a través dos medios pero que en realidade ten un capital social de 3.006 Euros segundo o rexistro mercantil, pensa facer fronte a un proxecto de 300 millóns de euros". E sinala que "curiosamente, despois de que algúns medios se fixeran eco da insolvencia de Eurofund, os seus directivos anuncian unha joint venture con INTU, propiedade de John Whittaker, un magnate residente na Illa de Man, un dos 35 paraísos fiscais catalogados pola OCDE".

AGE esixe que se lle explique á cidadanía que "Eurofund en realidade ten un capital social de 3.006 Euros segundo o rexistro mercantil, pensa facer fronte a un proxecto de 300 millóns de euros"

Por este motivo esíxenlle "transparencia" ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, e reiteran a súa oposición "ao feito de que o noso patrimonio natural se destrúa para que un grupo de especuladores faga negocio". Lembran que "de levarse a cabo, un macrocentro comercial destas características tería consecuencias nefastas para o comercio local e precarizaría a medio prazo o emprego na comarca. Suporía ademais a perda do parque forestal e o cinturón verde de Vigo". 

Andaina contra o proxecto de Porto Cabral Dominio Público Galiza non se Vende
Protestas ante o IFEVI Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.