Aprendendo a compostar en Euskadi

Colgadores para a recollida do lixo separado por fraccións en Hernani © Adega

Euskadi é un dos territorios do Estado no que os sistemas sustentables de tratamento de residuos están máis desenvolvidos e mellor asentados. Vitoria-Gasteiz vén de acoller un seminario da rede estatal Composta en Redformada por entidades locais (concellos, mancomunidades e algunha deputación), ningunha delas galega, e algunhas asociacións observadoras, entre as que se atopan ADEGA ou Amigos da Terra. ADEGA participou na xuntanza, que serviu para presentar a Compostpedia como medio de información e comunicación a través dun traballo colectivo e colaborativo, e coñecer os avances da investigación dos procesos e proxectos de compostaxe doméstica e comunitaria.

Entre as comunicacións de proxectos innovadores, María R. Lafuente, vogal de residuos e responsábel dos programas de compostaxe de ADEGA, expuxo as distintas iniciativas nas que participa a entidade galega. Entre eles destacan os programas que están en marcha en Pontevedra, Carballo, Lalín, Allariz ou San Sadurniño.

María R. Lafuente expuxo as distintas iniciativas de compostaxe nas que participa ADEGA, con programas locais en Pontevedra, Carballo, Lalín, Allariz ou San Sadurniño

As persoas participantes do seminario puideron tamén coñecer de primeira man diferentes experiencias en Vitoria-Gasteiz e arredores. Entre elas un composteiro escolar, un horto comunitario e ecolóxico e o propio anel verde da cidade, un conxunto de parques periurbanos de alto valor ecolóxico e paisaxístico ligados estratexicamente mediante corredores eco-recreativos.

 

Visita de alcaldes galegos

Aproveitando estas xornadas, unha delegación de alcaldes galegos (San Sadurniño, Riotorto e Allariz) convidados polo BNG, participaron nun programa de traballo para coñecer o funcionamento de alternativas sustentables ao tratamento de residuos en marcha en diversos concellos vascos. Visitaron unha planta de compostaxe en Azpeitia, que trata os residuos orgánicos de varios municipios de Guipúscoa e transfórmaos en compost de calidade A (permitido na agricultura ecolóxica). 

Os rexedores tamén coñeceron de primeira man as exitosas experiencias de separación en orixe postas en marcha en varios concellos de Euskadi. Visitaron Hernani, unha vila de 20.000 habitantes cunha taxa de reciclaxe dun 80%. Os residuos orgánicos, sen practicamente impropios, envíanse á planta de compostaxe de Azpeitia.

Os rexedores tamén coñeceron de primeira man as exitosas experiencias de separación en orixe postas en marcha en varios concellos de Euskadi, como Hernani

O alcalde, Luis Intxauspe e a concelleira de Medio Ambiente amosáronlles como funciona o sistema de recollida porta a portaNas rúas e portais hai un sistema de colgadores para deixar o lixo nuns caldeiros separados por fraccións, segundo o día. Cada vivenda ten un colgador e un caldeiro identificado cun código, e no caso de non deixar o lixo debidamente separado, o caldeiro queda sen recoller. Estes colgadores ocupan moito menos espazo que que os cinco contedores tradicionais, non teñen un impacto visual forte e as áreas están limpas e sen cheiros. En Hernani por normativa municipal, os edificios de nova construción deber ter un cuarto para o lixo e un punto de auga. 

ADEGA sinala que "estas iniciativas son perfectamente aplicábeis na maioría de concellos galegos se hai vontade política"

Para poñer en marcha este proxecto creouse unha empresa pública de recollida que xerou 17 postos de traballo. Neste concello tamén está implantada a compostaxe comunitaria: todas as persoas que o desexen poden depositar os seus residuos nestas áreas, 

ADEGA destaca que "mediante estes sistemas conséguense taxas de reciclaxe do 80% e xéranse postos de traballo locais" e sinala que "estas iniciativas son perfectamente aplicábeis na maioría de concellos galegos se hai vontade política". "A outra opción" -engade- "é subir o recibo do lixo á veciñanza e gastar unha parte importante do orzamento municipal en pagar a factura a SOGAMA, para que os recursos de todos e todas sexan queimados ou verquidos".

Xuntanza da rede estatal 'Composta en Red' © Adega
Colgadores para a recollida do lixo separado por fraccións en Hernani © Adega

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.